top of page

Seaga inciará o traballo de campo para estudiar o estado das 25.000 fincas que configuran as faixas secundarias de Lalín

Ecos da Comarca/Lalín

A concelleira de Medio Ambiente de Lalín, Raquel Lorenzo, anuncia que a vindeira semana Seaga comezará o traballos de campo para estudiar o estado das 25.000 fincas que configuran as faixas secundarias de 50 m que rodean os núcleos rurais e urbanos de Lalín.

Reuníuse co técnico provincial do Servizo Agrario Galego, Juan Vidán, e co técnico municipal, José Manuel Méndez, acordando unha inspección que comprobará que as fincas aledañas aos núcleos estean libres de maleza, de especies pirófitas e de materia vexetal susceptible de propagar lumes e por en perigo as vivendas, como recolle a normativa legal.


Unha vez rematado dito estudo e avaliados os estados das fincas procederase á remisión de misivas solicitando, a aquelas que non cumpren co regulamento, a limpeza e a retirada de maleza, arbustos ou de especies vexetais propagadoras dos lumes.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

De non acometer a limpeza os propietarios, a propia SEAGA acometerá a limpeza das parcelas e repercutirá o custe á propiedade.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page