Santomé de Obra celebra este sábado a súa 39ª sardiñada, a máis lonxeva de Vila de Cruces
- Laura Moure

- hace 12 minutos
- 1 min de lectura
Á cita asistirán 104 comensais
Laura Moure/Vila de Cruces
A parroquia de Santomé de Obra, no concello de Vila de Cruces, celebrará este sábado 11 de xullo a súa tradicional sardiñada, que chega xa á súa 39ª edición, consolidándose como a máis lonxeva do municipio e da contorna.

PUBLICIDADE
Nesta cita participarán un total de 104 comensais, que poderán degustar un completo menú composto por sardiñas con pan de millo e pan de trigo, ademais de churrasco, crioulos, chourizos e viño. O broche doce poñerano As Larpeiras da panadaría Mazás, sen faltar tampouco a tradicional queimada, pensada para espantar os malos momentos e contribuír a alongar a festa ata altas horas da noite.
PUBLICIDADE
Trátase dunha celebración con preto de catro décadas de historia que, ano tras ano, consegue reunir a veciños e veciñas xunto con familiares e amizades arredor da mesa e da convivencia. Un encontro que se mantén vivo no tempo e que forma parte xa das tradicións máis arraigadas da parroquia.
PUBLICIDADE
Ademais do seu carácter festivo e gastronómico, a sardiñada de San Tomé de Obra serve tamén como antesala das festas parroquiais, que terán lugar os días 1 e 2 de agosto en honra a San Tomé.









Comentarios