Poderán ter así un espazo aberto para expor e promover as súas obras
Laura Moure/Santiso
O departamento de Turismo do Concello de Santiso lanza unha gran iniciativa: ofrecer un espazo aberto na oficina de turismo da localidade para que artistas da Comarca Terrade Melide poidan mostrar as súas creacións e talento.
"Es de Santiso ou da comarca da Terra de Melide? Es artista? Debuxante, pintor, fotógrafo, escultor, ... ? O Concello de Santiso pon a túa disposición a oficina de turismo, un espazo aberto para expor e promover as túas obras", sinala este departamento.
Os interesados poden obter máis información odes acudir directamente á oficina de turismo, de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas; por email, turismo@santiso.gal, ou no telefono 981 517 981.
ความคิดเห็น