top of page

Santiso inaugura o novo campo de fútbol o sábado 5 de setembro

Será cun encontro entre a UD Santiso e a Selección Galega de Veteranos


Laura Moure/Santiso

O Concello de Santiso prepara para este sábado, 5 de setembro, a inauguración do novo campo de fútbol municipal, cunha xornada deportiva que reunirá no terreo de xogo á UD Santiso FC, nas categorías sénior e veteranos, e á Selección Galega de Veteranos.

O encontro dará comezo ás 17:30 horas e servirá como acto central dunha inauguración coa que o municipio pon en valor as novas instalacións deportivas e a súa aposta polo deporte local.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

A cita permitirá ademais aos afeccionados gozar dun partido especial coa presenza da selección galega de veteranos, nunha xornada pensada para reunir á veciñanza arredor do fútbol e do novo campo municipal.


A inauguración conta coa colaboración do Concello de Santiso, a Deputación da Coruña, a Xunta de Galicia e a Real Federación Galega de Fútbol, entre outras entidades.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

Unha cita marcada no calendario deportivo de Santiso que permitirá estrear oficialmente o novo campo rodeado de fútbol, deporte e participación veciñal.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page