Santiso aposta pola segunda vida dos obxectos
Este mércores clausurouse unha serie de talleres que tiñan como finalidade a autorreparación e intercambio de obxectos e utensilios para alongar a vida útil dos materiais e obxectos, previndo así a xeración de residuos domésticos
Laura Moure/Santiso
Este mércores acabaron en Santiso os talleres formativos de pequenos arranxos no fogar, de electrodomésticos e de restauración de mobles e metal. Formaron parte do Proxecto Frankenstein, vida a un aparato morto e leváronse a cabo ao longo do mes de outubro.

O Proxecto Frankenstein, vida a un aparato morto é unha actuación destinada a favorecer a prevención, adecuada recollida, clasificación e preparación para a reutilización de residuos domésticos que ten como finalidade a posta a disposición da cidadanía dun espazo de autorreparación e intercambio de obxectos e utensilios diversos co fin de alongar a vida útil dos materiais e obxectos, previndo así a xeración de residuos domésticos.
Publicidade
Este proxecto inclúe un taller de autorreparación de diversos utensilios; outro de reparación e local de intercambio de distintos obxectos e talleres formativos. O espazo de autorreparación está dotado de ferramentas e espazo para arranxar aqueles aparellos, mobles, elestrodomésticos... que se estragan e para que non haxa que desbotalos e poder así alongar a súa vida útil.
Publicidade
En Santiso en concreto levaronse a cabo o taller de pequenos arranxos no fogar, de arranxos de electrodomésticos e un de restauración de madeira e metal.
Publicidade










Comentarios