top of page

Sandra Fernández, María Mato e Paula Gutiérrez gañan os tres Iphone 13 na campaña '3 en liña' da AED

O venres dará comezo a campaña de rebaixas de inverno, que se prolongará ata o día 7 de abril


Laura Moure/Lalín

A Asociación de Empresari@s de Deza (AED) e o Centro Comercial Aberto (CCA) de Lalín pecharán o vindeiro luns a campaña de Nadal coa realización do quinto e último sorteo da promoción “3 en liña”, no que se repartirán 1.500 euros en seis vales de 250 euros cada un

entre as tarxetas depositadas no buzón da AED coas compras de antonte, onte e hoxe. Na xornada de hoxe, a AED realizou tamén o sorteo dos tres Iphone 13 entre os usuarios posuídores do Carné Xove da Xunta de Galicia que mercaron algún produto nos comercios asociados desde o pasado 4 de decembro e que publicaron un comentario no perfil de Instagram da AED co hastag #ONadaldeLalínmola. As tres gañadoras seleccionadas automaticamente pola plataforma Easypromos foron Sandra Fernández Soto, María A. Mato e Paula Gutiérrez Silva. As tres premiadas dispoñen agora dun prazo de sete días para comunicar a aceptación do premio e acreditar os requisitos de estar en posesión do Carné Xove e presentar un ticket coa compra realizada.


En caso contrario, o premio pasaría a algún dos tres suplentes seleccionados. Con estes dous sorteos, a AED e o CCA de Lalín finalizan a campaña do Nadal, que dará paso este mesmo venres día 7 á campaña de rebaixas de inverno, que se prolongará ata o día 7 de abril.


Por último, desde a AED engádese que as actividades de dinamización na rúa previstas para estas datas de Nadal e que tiveron que ser aprazadas por mor da chuvia incorporaranse a futuras campañas ou accións promocionais do comercio local.


0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page