Salimat Abanca engade Gastrónoma á intensa promoción feiral da súa edición 2026
- Laura Moure

- hace 10 horas
- 2 Min. de lectura
Terá lugar do 4 ao 7 de xuño de 2026 no recinto feiral, de forma paralela á 48º Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia
Laura Moure/Silleda
A Feira Internacional de Galicia ABANCAparticipa dende o domingo e ata hoxe na Feira Gastronómica do Mediterráneo, Gastrónoma 2025, a cal celebra en Valencia o seu décimo aniversario. Esta presenza responde á promoción do seu 29º Salón de Alimentación do
Atlántico, Salimat Abanca, o cal terá lugar do 4 ao 7 de xuño de 2026 no recinto feiral, de forma paralela á 48º Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia.

Salimat Abanca acode a este evento cun espazo no stand que a Consellería do Mar ten neste certame valenciano, no que tamén está presente con stand propio a Consellería do Medio Rural. Unha notoria presenza que dá protagonismo á Comunidade galega no evento e da que a Feira Internacional de Galicia ABANCA foi precursora, coa súa participación no ano 2019, cando acudiu cin stand no que tamén daba cabida a cinco
produtores.
Esta participación responde ademais a unha estreita relación entre a entidade feiral galega e Valencia, comunidade que xa ten figurado entre os expositores de Salimat Abanca. Unha presenza de produtores valencianos que, á vista dos contactos mantidos ata o de agora nesta edición de Gastrónoma, espérase que sexa nutrida na vindeira edición de Salimat Abanca.
Publicidade
Un equipo da Feira Internacional de Galicia ABANCA, co seu director, Ricardo Durán, á cabeza, é o encargado tanto de informar sobre Salimat Abanca 2026 no seu espazo como de visitar a outros expositores da feira.
Salimat Abanca, nunha decena de feiras
A presenza en Gastrónoma súmase a unha intensa difusión de Salimat Abanca 2026 noutras feiras. Un tipo de promoción que responde á gran efectividade para sumar novas empresas na súa exposición e que supón que a Feira Internacional de Galicia ABANCA dese a coñecer esta edición da feira ou vaia a facelo ata a súa celebración nunha decena de eventos. Entre eles, Saborea La Palma, Auténtica Premium Food, en Sevilla; Alimentaria, en Barcelona; Gourmets, en Madrid; Gustoko, en Bilbao; Alicante Gastronómica, en Alacante; ou Xantar, en Ourense.
Publicidade
Con estas accións preténdese dar a coñecer as vantaxes de participar nunha feira que experimentou un gran crecemento nos últimos anos. Así, tras a cita de 2025, na que Salimat Abanca sumou 288 expositores directos, chega á súa 29ª convocatoria co obxectivo de superarse como punto de encontro do sector alimentario e gastronómico.








Comentarios