top of page

Récord de participación na Liga Galega de Espada que se disputa hoxe en Silleda

A cita reunirá tiradores procedentes de toda Galicia, consolidando o crecemento como espazo de encontro para esgrimistas de distintos niveis e idades


Laura Moure/Silleda

Hoxe, sábado 30 de maio, Silleda converterase no epicentro da esgrima galega cá

celebración da Liga Galega de Espada, que terá lugar no pavillón municipal César

González Fares. O evento está organizado por Compostela Esgrima cá colaboración do

Concello de Silleda.

Esta edición destaca por rexistrar un novo récord de inscricións, superando a participación

tanto nas categorías infantís como nas absolutas con respecto a tempadas anteriores. A cita reunirá tiradores procedentes de toda Galicia, consolidando o crecemento como espazo de encontro para esgrimistas de distintos niveis e idades.

 PUBLICIDADE

Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.
Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.

Ademais, a competición contará novamente con participación de fóra da comunidade, coa

presenza de deportistas chegados de Asturias e Canarias, que repiten experiencia tras o

éxito de edicións anteriores.


A Liga Galega de Espada continúa así a súa aposta por un formato aberto e participativo, que combina competición e promoción do deporte, contribuíndo á difusión da esgrima e á

incorporación de novos practicantes.


A tempada completarase cá última cita prevista en Vilagarcía o vindeiro 27 de xuño, que

servirá como peche dun calendario que segue medrando en participación e interese.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Detalles do Evento

Lugar: pavillón César González Fares, Silleda

Data: Sábado 30 de maio de 2026

Horarios:

10:00h - 14:30h Poule Mixta Absoluta

12:00h - 14:30h Poule Mixta Cativos

15.00h - 16:00h Xantar

16.00h - 18:00h Equipos

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page