No concello de Camba cóntase cunha participación do 95% do comercio e empresa
Laura Moure/Rodeiro
Este xoves Rodeiro marcará a tendencia do comercio online galego coa entrega de Tarxetas de Cliente e Revistas do Comercio e Turismo. Varios comercios foron visitados polo alcalde, Rubén Quintá, o concelleiro Pablo Sobrado e representantes de ENVACO, a
delegada territorial, Susana Miguélez, e a responsable de comercio, Fé Irimia.
Rodeiro segue sendo o punto de partida para ENVACO, que grazas á súa aposta na venda en liña convértese no principal impulsor da iniciativa e un referente a nivel autonómico sendo dos primeiros en apoiar un proxecto que facilita ao comercio tradicional e a empresa do rural unha saída por Internet. O Concello de Rodeiro impulsará a formación individualizada e personalizada dos comercios do rural para a venda por internet e inserción dos produtos por parte de ENVACO garantindo así un proxecto continuado
no tempo. Os comercios e empresas de Rodeiro, grazas o Concello, terán tamén as súas tendas no mercado dixital global galego ruralsell.com sen custo algún.
O proxecto lanzado en 2020 mercadodigitalderodeiro.com súmase agora a plataforma de ventas www.ruralsell.com que segue medrando, consolidándose como o principal Portal de ventas Global Galego, que pese a súa orixe humilde, crece de forma estable sendo xa máis de medio millar de comercios activos e unha ampla cantidade de produtos listados. Con máis de 85.000 visitas o mes desde o lanzamento a finais de marzo consolídase como o Amazon Galego cunha plataforma que permite tendas individuais e xestión individual de pedidos e produtos aos vendedores sumada á comodidade para o cliente final que mantén unha operativa de compra similar a Amazon.
Cada tenda ten o control sobre a subida de produtos, vendas, loxística e moito máis. "Este é o punto diferencial con outros markets actualmente activos, que unha soa persoa sobe e xestiona os produtos dos comercios, son tendas convencionais usadas como multimarkets sen selo. Só ruralsell.com permite controlar e xestionar tenda, pedidos e produtos de maneira directa", explican. Ademais, acaban de asinar un convenio con SEUR. "Grazas ao cal todos os nosos comercios gozan duns prezos especiais e unha loxística centralizada que permite envíos normais, reembolso, frescos e frío, etc.", indican. "Estamos xa traballando coa xestoría ASEMEGA, coa que mantemos convenio extensible aos nosos asociados na consolidación de axudas aos nosos adheridos mediante bolsas directas e ultimando un proxecto para innovación e impulso de empresas de sectores estratéxicos cun investimento mixto superior aos 120.000 euros".
As tarxetas entregadas en Rodeiro este xoves permiten que os clientes de ruralsell.com sumen puntos canxeables en restauración, turismo, estética, automoción e outros sectores de servizos favorecendo dese xeito , a dixitalización dos ditos sectores que non dispoñen de produtos tanxibles transformando a súa dificultade de comercializar na rede en accesibilidade. Neste punto o Concello de Rodeiro amosa o seu compromiso con todos os seus comercios e empresas sen deixar fora a ningún sector.
תגובות