top of page

RTVE leva o Camiño de Inverno a miles de fogares cunha gran reportaxe en “La Aventura del Saber”

 O proxecto da Asociación de Municipios do Camiño de Inverno emitirase hoxe a partir das 10 horas na 2, nos distintos sinais da Canle Internacional e tamén en RTVE Play


Laura Moure/Deza

O Camiño de Inverno, que pasa por Deza, será protagonista en Televisión Española mañá, martes 24 de marzo, coa emisión dunha reportaxe no programa  “La Aventura del Saber” (10:00 horas), un espazo de referencia na divulgación cultural, patrimonial e educativa. Trátase dunha produción de RICI Comunicación para a Asociación de Municipios do Camiño de Inverno, subvencionada pola Xunta de Galicia a través da Axencia de Turismo de Galicia, realizada co obxectivo de seguir dando a coñecer e proxectar un dos roteiros xacobeos con máis personalidade, beleza e identidade propia. A emisión supoñerá unha magnífica oportunidade para achegar ao gran público, tanto en España como fóra das nosas fronteiras, os valores deste itinerario histórico.

Este traballo audiovisual pon en valor o intenso labor de divulgación, promoción e sensibilización que vén desenvolvendo a Asociación de Municipios do Camiño de Inverno para dar a coñecer un itinerario xacobeo de enorme riqueza histórica, paisaxística e cultural. Un camiño que conserva a súa autenticidade, que destaca pola calidade dos seus servizos, pola ausencia de masificación e por manter viva a esencia da experiencia peregrina.

 

A reportaxe propón un percorrido polos grandes valores do Camino de Inverno, unha vía histórica de peregrinación e comunicación que parte de Ponferrada e avanza cara a Galicia seguindo de forma natural a ribeira do Sil, sobre un trazado cunha profunda vinculación histórica que se remonta a antigas vías de comunicación da época romana.

  Publicidade

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

 Desde ese punto de partida ata a chegada a Santiago de Compostela, o Camiño de Inverno atravesa paisaxes de extraordinaria beleza e territorios de gran valor patrimonial, converténdose nunha alternativa cada vez máis apreciada por quen busca vivir o Camiño con calma, autenticidade e profundidade.

 

A través dun tratamento visual moi coidado e dunha factura técnica de gran calidade, a peza reúne ademais voces autorizadas que abordan distintos aspectos esenciais deste roteiro xacobeo: a súa dimensión histórica, o proceso que culminou co seu recoñecemento oficial hai agora dez anos, a mellora progresiva dos camiños e equipamentos, así como o respaldo institucional que contribuíu á súa consolidación e proxección nos últimos anos.

  PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar con nós!
Preme na imaxe para contactar con nós!

A reportaxe poderá verse a partir das 10 horas de hoxe na 2 e tamén nos distintos sinais da Canle Internacional de RTVE, o que permitirá a súa difusión en diferentes ámbitos xeográficos de Europa, América e Asia-Oceanía ao longo do día. Deste xeito, o Camiño de Inverno alcanzará unha proxección global, chegando a espectadores de moi distintos países e reforzando a súa visibilidade internacional. Ademais, o contido tamén estará dispoñible en RTVE Play, a plataforma dixital de RTVE, facilitando o seu acceso en calquera momento e desde múltiples dispositivos.

 

Desde a Asociación de Municipios do Camiño de Inverno anímase a todos os lectores, peregrinos e amantes do patrimonio, a historia e o turismo cultural a seguir esta reportaxe polo seu interese divulgativo, pola beleza das súas imaxes e pola oportunidade que brinda de coñecer máis a fondo un roteiro que atesoura pasado, presente e futuro.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page