top of page
Foto del escritorLaura Moure

Rouban as bombas das depuradoras e tres dosificadores e medidores de cloro das piscinas de Agolada

O valor estimado do extraído vai dos 15.000 aos 20.000 euros


Laura Moure/Agolada

Despois de estar pechadas o verán pasado debido á Covid-19, o equipo de goberno de Agolada decidiu abrir este ano as piscinas municipais, seguindo todas as medidas para protexerse da pandemia. O concelleiro de Obras, Pedro García, estivo este martes nestas instalacións municipais para supervisar o seu estado e para organizar todas as tarefas de mantemento e limpeza. Foi nese momento, cando se decatou de que faltaban ao menos as tres bombas das depuradoras. Os axentes da Garda Civil desprazáronse á localidade ese mesmo día para realizar os informes pertinentes.


O Concello tamén comezou a elaborar un informe para comprobar se falta algo máis e detectou que extraeron ademais tres dosificadores e medidores de cloro. “O valor do roubado pode situarse entre os 15.000 e os 20.000 euros”, calculan o edil de Obras, Pedro García, e o tenente de alcalde, Óscar Val. O Concello presentará denuncia.


Óscar Val e Pedro García, nunha das depuradoras da piscina.


Unha das cancelas que dá acceso ao campo de fútbol estaba aberta, polo que se cree que accederon por alí e ademais, desde o Concello, pensan que tal e como deixaron os cables con cinta aislante, son profesionais e que o roubo foi recente.

Un dos lugares onde estaba unhas das bombas.


O equipo de goberno lamenta este saqueo e considera que se trata dunha nova sabotaxe para que, neste caso, non se poidan abrir estas instalacións. Cabe recordar que, sen ir máis lonxe, no mes de novembro o polígono industrial de Agolada sufriu un asalto nocturno. Sabotaron un camión municipal que almacenaba no seu interior líquido asfáltico usado para levar a cabo o pavimento de viais e verteron uns 200 litros. “Este é un dano que non só nos afecta ao equipo de goberno, senón a todo o pobo de Agolada”, incide o alcalde Luis Calvo.


A pesar deste contratempo, o Concello intentará abrir as piscinas como estaba previsto, a principios do mes de xullo.


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page