Román Rodríguez destaca en Lalín a importancia das feiras de Galicia educa
- Laura Moure

- hace 2 horas
- 2 Min. de lectura
O conselleiro de Educación participa na inauguración da II Feira Educativa de Lalín, co que arranca o calendario das 16 citas apoiadas pola Xunta
Laura Moure/Lalín

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, participou onte na inauguración da II Feira Educativa de Lalín, integrada no calendario de feiras Galicia Educa. “Desde o ano pasado desenvolvemos este calendario de citas do ensino que, co apoio da Xunta, difunden e poñen en valor as boas prácticas e traballo que desenvolven os centros educativos”, afirmou o conselleiro.
Durante a súa visita, o conselleiro, que estivo acompañado polo director xeral de Centros e Recursos Humanos, Jesús Álvarez, salientou que estas feiras constitúen unha ferramenta clave de orientación académica e profesional, xa que permiten aos estudantes coñecer de primeira man os distintos itinerarios formativos e as oportunidades que teñen ao seu alcance. Así mesmo, “Galicia Educa funciona como un escaparate do talento e da capacidade innovadora dos centros galegos, ao reunir nun mesmo espazo proxectos pedagóxicos, iniciativas tecnolóxicas e experiencias creativas impulsadas polo profesorado e o alumnado” destacou o titular de Educación.
Publicidade
No curso 2025-2026 o programa Galicia Educa desenvolverá un total de 16 feiras en distintos puntos da comunidade, combinando citas de ámbito autonómico, provincial e comarcal. Como novidade nesta edición incorporarase a Feira CIGUS: O Camiño da Ciencia, orientada a reforzar a divulgación científica e a conexión co sistema universitario. O calendario continuará no próximo mes de marzo coas feiras provinciais de Ourense e Lugo e coa II Feira de Orientación Académica e Profesional de Padrón.
2ª feira educativa de Lalín
A feira de Lalín reúne dez centros educativos da comarca, que expoñen nos seus stands propostas relacionadas coa ciencia, a arte, o medio ambiente, a tradición e a cultura, reflectindo a diversidade e riqueza do traballo que se desenvolve nas aulas. Ao longo da xornada está prevista a asistencia de preto de 1.000 alumnos, que ademais poderán participar nun programa complementario de actuacións musicais, obradoiros creativos, actividades de animación á lectura, así como talleres de poesía e teatro dirixidos ás distintas etapas educativas.
Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

Román Rodríguez agradeceu a implicación dos equipos directivos, do profesorado e do alumnado participante, e puxo en valor a capacidade do sistema educativo galego para ofrecer unha formación de calidade, innovadora e adaptada aos retos actuais.
Nas Exposicións Nacionais os cans obterán puntos para o Campionato de España, mentres que na Internacional farano para o Campionato Internacional. Ademais, estas







Comentarios