Rompen o cristal dun coche estacionado en Arzúa
- ecosdacomarca

- 9 dic 2022
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Arzúa
Hai uns días dabamos conta de destrozos en varios vehículos en Lalín. Pois hoxe temos que falar doutro caso similar. Neste caso, ao menos un coche foi danado esta semana na localidade de Arzúa.

Este suceso ocorreu o martes. "Saímos dun bar de ver o partido e o coche estaba perfectamente. Unha hora despois (sobre as 20:00 horas) atopeino así", lamenta a propietaria, que sinala que non lle chegaron a roubar nada.
O coche estaba estacionado no callejón que hai na rúa de Ramón Franco. Se alguén viu algo pode contactar con ECOS DA COMARCA a través do noso correo ecosdacomarca@gmail.com







Comentarios