top of page

Rodeiro organiza un obradoiro dirixido ás mulleres traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar

Será os días 3, 10 e 17 de novembro


Laura Moure/Rodeiro

O Concello de Rodeiro, grazas á financiación e apoio da Deputación de Pontevedra e dentro do proxecto Equal Camba 2021, ten programado a organización dun obradoiro denominado Xestión emocional en tempos de pandemia dende a perspectiva de xénero, dirixido especificamente ás traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar.

Esta iniciativa xorde da necesidade de atender e apoiar a un colectivo moi concreto de mulleres, que por mor do seu traballo e alta responsabilidade durante este ano de pandemia, sofren as secuelas cada vez máis patentes do estrés e cansazo, especialmente psicolóxico, nas traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar, sinala o Concello.


Este obradoiro, levarase a cabo durante os días 3, 10 e 17 de novembro de 2021, no Centro Cultural Municipal “Manuel Lamazares” e procurará ofrecer un espazo de expresión e regulación emocional en relación ás vivencias experimentadas, derivadas da situación de emerxencia sanitaria, e identificar os aspectos fundamentais para fomentar o autocoidado e a autoprotección das mulleres traballadoras no Servizo de Axuda no Fogar, dende a perspectiva de xénero.

"Deste xeito tamén queremos agradecerlle o seu esforzo e amosarlles o noso respecto e admiración", recalca o Concello.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page