top of page

Rodeiro adquire unha nova varredora grazas a unha axuda da Xunta de 50.000 euros

A nova maquina permitirá mellorar a calidade do ar e diminuír o risco de inundacións e

desbordamentos


Laura Moure/Rodeiro

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou o concello de Rodeiro, que adquiriu un novo vehículo para accións de coidado do medio ambiente e do espazo natural. A actuación, que foi posible grazas a unha achega de máis de 50.000 euros da liña non competitiva do Fondo de Compensación Ambiental, permitirá optimizar o traballo dos operarios do concello, ademais de conseguir uns resultados de maior calidade e durabilidade.


Os traballos deste novo vehículo contribuirán á mellora da calidade do aire, ao reducir a cantidade de po que levantaba a maquinaria máis antiga, ademais de contribuír á prevención de inundacións e desbordamentos.

 Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA


O delegado territorial aproveitou a visita para poñer en valor a importancia de manter unha

boa colaboración entre institucións para conseguir que os recursos públicos se utilicen de

forma eficaz e eficiente. Neste sentido, Reguera asegurou que “dende a Xunta seguiremos

apoiando aos concellos para que conten cos recursos necesarios para garantir unha boa

calidade de vida aos seus veciños e veciñas”.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Cabe destacar que esta liña de axudas beneficiou a preto de 20 concellos da provincia de

Pontevedra por un valor próximo aos 750.000 euros. Na comarca do Deza-Tabeirós,

recibiron esta axuda os concellos de Agolada, A Estrada, Lalín, Forcarei, Redeiro, Silleda e

Vila de Cruces.


FCA

O FCA foi creado para distribuír o canon eólico en beneficio da conservación e restauración da contorna, así como do reequilibrio territorial. As accións subvencionables

inclúen os investimentos e custos de funcionamento dos servizos municipais dedicados á

protección do medio.

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

Entre os obxectivos que deben perseguir figuran a conservación da biodiversidade, o

fomento do coñecemento e da utilización recreativa e didáctica dos recursos naturais, e a

recuperación do medio natural degradado ou contaminado. Tamén deben impulsar a

eficiencia e o uso sustentable das enerxías renovables, e, en xeral a protección do medio

natural.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page