top of page

Reunión cos veciños de Pedrouzo para buscar un novo acceso a este lugar de Graba, en Silleda

2 jul 2022
1 min de lectura

O alcalde, Manuel Cuiña, mantivo un encontro ca veciñanza do lugar para acometer esta iniciativa, que contará co apoio da Xunta a través da Consellería do Medio Rural


Laura Moure/Silleda

O alcalde de Silleda, Manuel Cuiña, mantivo este venres un encontro con varios veciños do lugar de Pedrouzo, na parroquia de Graba, a fin de buscar alternativas para acometer un novo acceso a esta aldea. Dende a veciñanza, e á vista das pequenas dimensións do acceso actual, que dificultan o tránsito de vehículos e maquinaria pesada polo lugar –afectando mesmo ao traballo diario de explotacións agrogandeiras-, formalizouse hai varios meses esta proposta.

O rexedor trasladou tamén hai varias semanas esta petición á Consellería do Medio Rural. “Temos o compromiso do conselleiro para a redacción deste proxecto e a colaboración, entre as dúas Administracións a fin de executar un novo acceso”, apunta Cuiña.


Os veciños, pola súa banda, tamén se comprometeron a buscar a mellor solución para o deseño do trazado, tendo en conta que será preciso a afección a varias fincas. “Entre todos trataremos de buscar a mellor alternativa posible para dar solución a este problema co acceso a Pedrouzo”, explica o alcalde, que se comprometeu á realización da obra para a que a Xunta fará o proxecto.

Preme na imaxe se quere contactar connosco"

“En canto teñamos decidido por onde irá o trazado, e os veciños nos apunten cal é a mellor alternativa, traladaremos a proposta a Medio Rural para que se encarguen de redactar o proxecto”, indica o alcalde.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page