Resultados das eleccións en Melide
- Laura Moure / IsmaelRS
- 29 may 2023
- 2 Min. de lectura
Laura Moure/IsmaelRS/Melide
ELECCIÓNS MUNICIPAIS 2023. RESULTADOS

Despois da intensa campaña electoral, hoxe, domingo, foi a quenda dos veciños. Co seu voto decidiron en toda España quen ocupará a súa Alcaldía ao longo destes vindeiros catro anos. Os centos de veciños das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa pasaron polas urnas. Cabe mencionar que en total nos 17 municipios había 60 candidaturas.
No caso de Melide non sabemos o que vai pasar con certeza. Xa que por votos gañou o PP, pero non obtivo maioría absoluta, polo que pode darse un tripartito, sendo de novo alcalde José Manuel Pérez de Adiante Melide
Os RESULTADOS son:
PP ( 6 concelleiros)
Adiante Melide (5 concelleiros)
BNG ( 1 concelleiro)
PSOE ( 1 concelleiro)
De momento nas redes sociais pronunciouse:
José Manuel Pérez de Adiante Melide:
Moitas grazas, Melide!
Moitas grazas por confiar en nós unha vez máis. Abriuse camiño o Melide aberto, solidario e alegre.
Imos seguir construíndo un concello con máis servizos, máis zonas verdes e, en definitiva, maior calidade de vida. Queremos un futuro próspero e de progreso en Melide.
Adiante Melide é, cunha gran diferencia, a candidatura que máis creceu: sumamos case 300 novos votantes. Todo isto nunha lexislatura moi complicada. Impresionante. Os melidenses falaron alto e claro.
Quero ter un agradecemento especial co equipo de homes e mulleres que me acompañaron nesta campaña e durante os últimos anos. Xente marabillosa e comprometida con Melide.
De corazón, moitas grazas a todos e todas.
Adiante Melide!
E tamén Dalia García, do PP:
Moitas grazas a todos os melidenses que volveron a confiar no Partido Popular de Melide como a forza máis votada. Unha vez máis, ganamos as eleccións.
Especial agradecemento para os membros da candidatura e todo o equipo que traballou arreo para construir un Melide máis aberto e conciliador.
Seguimos traballando por Melide, co corazón, coma sempre fixemos.
No caso de Melide optaban a Alcaldía estas catro candidaturas: Adiante Melide, PSOE, PP e BNG. Poden consultarse as listas no seguinte enlace: https://www.ecosdacomarca.com/post/catro-candidaturas-loitar%C3%A1n-por-facerse-coa-alcald%C3%ADa-de-melide
Comentários