Restriccións de tráfico en Silleda a causa da celebración o 17 de maio do II Rallysprint
- Laura Moure
- hace 2 días
- 2 Min. de lectura
Laura Moure/Silleda
O Concello de Silleda colocará nas próximas horas carteis nos que se informará das restriccións de circulación e estacionamento con motivo da celebración do II Rallysprint Concello de Silleda, que se disputará o vindeiro sábado 17. Estas medidas afectarán a varias rúas: Camiño do Castro (onde se situará o Parque Pechado); rúa Recinto Feiral e Rúa Arturo Pérez Lázara (parque de traballo xunto co aparcamento da Semana Verde).
No caso da rúa Camiño do Castro, quedará prohibido circular e estacionar xa dende o venres día 16 ás 16:00 horas. Cortarase ao tráfico ata a entrega de premios prevista para o sábado ao remate da proba.
Publicidade
Na rúa Arturo Pérez Lázara e no estacionamento da Semana Verde, non se poderá estacionar nin circular dende o venres ás 15:30 horas. O tráfico quedará pechado tamén dende o venres á tarde, se ben terán acceso aos garaxes as persoas residentes.
Así mesmo, na rúa Condes do Deza, quedará restrinxido o estacionamento o sábado na marxe dereita, podendo acceder só persoas residentes. O acceso ao parking público será a través da rúa Morón. Tamén o venres pola mañá se cortará o acceso á rúa Cartaxena dende Alonso Ríos (modificarase o sentido da rúa Castrelo), pola montaxe para as verificacións técnicas.
Restriccións na zona de Bandeira e de Martixe
Ademais, dende a organización xa se enviaron comunicacións a todas as vivendas das zonas por onde pasará o Rallysprint, con dous tramos: na zona de Bandeira e de Martixe, informando dos horarios de pasada e os cortes dos viarios afectados.

Na reunión de seguridade de onte participaron membros da Escudería Silleda, que organiza esta proba por segundo ano consecutivo con récord de pilotos, o xefe da Policía Local, e a concelleira de Deportes, Mónica González. Dende a Escudería Silleda e o Concello agradécese a colaboración nesta proba dos corpos de seguridade, dos Bombeiros de Deza e Tabeirós, e as agrupacións de Protección Civil e A Estrada e Agolada. Tamén se agradece a comprensión da veciñanza á hora de respetar os cortes
de tráfico.
Comentarios