Rescatado un neno tras caer a un río
- ecosdacomarca

- hace 2 horas
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Xeral
Un neno foi rescatado este xoves no Barco de Valdeorras. O 112 Galicia tivo constancia pasadas as 19 horas, a través da Policía Local, dun menor que caera ao río Sil á altura da rúa Gonzalo Gurriarán, no Barco de Valdeorras. Segundo sinalaron os axentes, o implicado acabou no río cando buscaba unha pelota que perdera.

Neste operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros e o GES de Valdeorras, a Garda Civil e os voluntarios de Protección Civil da localidade.
Publicidade
O menor foi rescatado polos bombeiros e trasladado ao Hospital do Barco con síntomas de hipotermia.
Non foi o único rescate no día. Tamén tivo que ser rescatado un traballador que sufriu unha caída nas escaleiras dunha presa en Fornelos de Montes.
Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

Foi un particular quen, dez minutos antes das 14 horas, alertou ao 112 Galicia da caída dun traballador nunha das galerías dunha presa situada na parroquia de Calvos, en Fornelos de Montes. Este quedara nunha zona de escaleiras, de difícil acceso, e precisaba ser rescatado.
De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros do Porriño, da Garda Civil e dos voluntarios de Protección Civil da Mancomunidade de Oitavén-Tea.
Publicidade
Unha vez no lugar, os bombeiros encargáronse do rescate mediante unha padiola, tralo que foi evacuado a un centro sanitario.








Comentarios