top of page

Representantes de Monterroso, Palas de Rei, Melide, Arzúa e O Pino visitan ao Papa León XIV

O obxectivo foi cursar unha invitación formal para que o Santo Padre visite e peregrine polo Camiño de Santiago con motivo do próximo Ano Santo Compostelán 2027


Laura Moure/Xeral

Unha delegación da Asociación Calle Mayor de Europa, con sede en Molinaseca (O Bierzo, León), e da MANCOMUNIDADE DE MUNICIPIOS GALEGOS DO CAMIÑO FRANCÉS, foi recibida na Audiencia Xeral deste mércores pola súa Santidade, o Papa León XIV, na Praza de San Pedro. O obxectivo central da histórica visita foi cursar unha invitación formal para que o Santo Padre visite e peregrine polo Camiño de Santiago con motivo do próximo Ano Santo Compostelán 2027.

O encontro de gran transcendencia enmárcase dentro do Programa Almas do Camiño, unha iniciativa que busca conservar, mellorar e promocionar o roteiro xacobeo, e que quere atopar no Papa León XIV un interlocutor de excepción para reforzar a mensaxe universal do Camiño. Durante a Audiencia, o grupo de alcaldes fixo entrega ao Pontífice dun tradicional bordón xacobeo, dunha vieira cerámica de Sargadelos e dunha misiva que subliña o profundo vínculo espiritual da peregrinación entre Roma e Santiago.


O contido da carta entregada destaca que hoxe, o Camiño de Santiago, é, máis que nunca, un testemuño vivo e palpitante de fe e un incomparable leito de espiritualidade no corazón de Europa. Que non é só un percorrido xeográfico ou turístico, senón un crisol onde conflúen a historia de la Iglesia e o futuro da esperanza. A carta entregada ao Santo Padre pon en valor un legado milenario que segue inspirando á xente nova que o percorre buscando un sentido de vida, entendido como un camiño segue mostrando un ideal de mellora individual, de sanación, de tolerancia, de redescubrimiento persoal e de encontro, e de integración fraterna que acolle a persoas de todas as nacións, linguas e culturas nunha procura común e transcendente.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.
Preme na imaxe se quere contactar connosco.

A delegación puxo en valor o esforzo conxunto que realizan ambas as entidades para a protección do Camiño Francés, que en Galicia atravesa os 11 concellos da Mancomunidade: Pedrafita do Cebreiro, Triacastela, Samos, Sarria, Paradela, Portomarín, Monterroso, Palas de Rei, Melide, Arzúa e O Pino. E destacou como obxectivos prioritarios do Programa Almas do Camiño, recollidos na páxina Calle Mayor de Europa, a Defensa e Conservación do Patrimonio da Humanidade do Camiño Francés, a Mellora continua dos servizos de hospitalidade para os peregrinos, e Dinamización do roteiro como eixo cultural e espiritual de Europa.


A invitación ao Papa León XIV, cuxa resposta é esperada con entusiasmo, consolidaría o Xacobeo 2027 como un dos máis relevantes da historia recente, e daría un impulso incalculable aos valores e a conservación do Camiño de Santiago.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page