top of page

Rematadas as obras de mellora do entorno de Ponte Taboada

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Os traballos foron realizados nas últimas semanas a través da convocatoria da Axencia Galega de Turismo para o embelecemento no Camiño de Santiago


Laura Moure/Silleda

As obras de mellora tramo do Camiño de Santiago ao seu paso pola parroquia de Taboada, cunha serie de actuacións para a conservación, protección e embelecemento do tramo de calzada que segue á ponte románica sobre o río Deza están xa rematadas. Os traballos comezaron en días pasados, logo de obter os pertinentes permisos sectoriais e a autorización da Dirección Xeral de Patrimonio, ca restauración manual da pedra fundacional da Ponte.

A actuación, cun investimento de 19. 511,25 euros realizáronse a través das axudas da Consellería de Turismo para actuacións de mellora paisaxística e de embelecemento de bens e recursos que se atopen no Camiño, e con fondos municipais. Por este tramo discorre o Camiño do Sudeste (coñecido tamén como Vía da Prata) e o Camiño de Inverno, nun dos puntos máis fermosos da ruta a Compostela ao seu paso polo municipio silledense.


Con esta actuación, o Concello de Silleda quere continuar mellorando a conservación do Camiño e a súa contorna para poñer en valor o patrimonio histórico, cultural e natural. As accións propostas son respetousas co desenvolvemento e conservación do patrimonio a través do embelecemento, acondicionamento e protección do Camiño. Así, retiráronse as actuais pías de cemento na fonte da contorna (que se sustituiron por outras de granito), e mellorouse e limpouse todo o entorno.


Ademais, debido á falta de mantemento, as escorrentías de auga estaban xa afectando a traza nesta zona, polo que se buscou restituir os cursos orixinais das augas, comenzando por limpar a canles laterais que estaban atoadas.


A actuación

A intervención no Camiño consistiu en traballos de roza e limpeza manual, e a drenaxe das augas que discorren polo camiño á canle da beira esquerda (baixando cara ao río Deza) en varios puntos. Estes traballos, tal e como figura na memoria da intervención, foron

sometidos a control arqueolóxico e as canalizacións foron soterradas recuperando os cachotes que conforman o propio camiño, varios deles fóra do seu sitio. Tamén se recolocaron e asentaron algunhas das pedras dos laterais que se atopaban soltas.


O alcalde, Manuel Cuiña, e a concelleira de Cultura e Turismo, Mónica González, visitaron a zona dos traballos cos que se continúa poñendo en valor o Camiño ao seu paso por Silleda, nun dos puntos máis fermosos do trazado, xunto á emblemática Ponte Taboada. Ademais de limpar a pedra, a cargo de dúas restauradoras, onde se atopa a inscrición fundacional (do ano 912) tamén se colocou un pequeno panel informativo (revisado por unha paleógrafa e unha licenciada en Filoloxía Clásica) á beira ca reproducción exacta do seu contido.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page