Remata o programa en Silleda de Atención Integral a Persoas con alzheimer e as súas familias
Laura Moure/Silleda
O programa de Intervención Integral a Persoas con Alzhéimer e familias coidadoras que desenvolve o Concello de Silleda a través da Asociación de Familiares de Enfermos de alzheimer e outras demencias da provincia de Pontevedra (Afapo) rematará este mes
as actividades de 2021. O programa, ao que o Concello de Silleda destinou este ano 17.190 euros do orzamento municipal para desenvolver as accións asistenciais, arrancou en xaneiro cas cas valoracións das persoas participantes, se ben as restriccións que entraron en vigor pola expansión da pandemia obrigaron a facer reaxustes, polo que só se celebraron dende o pasado 3 de febreiro obradoiros de terapia cognitiva.
As familias, ao igual que aconteceu o pasado ano durante o confinamento, foron atendidas de xeito telemático, reforzando nalgún caso puntual tamén a atención psicolóxica, máis necesaria pola situación sociosanitaria que xurdiu coa pandemia. A concelleira de Benestar e Sanidade, Ángela Troitiño, participou este martes xunto co presidente da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e outras demencias da provincia de Pontevedra (Afapo), José Manuel Fontenla, na clausura dos obradoiros, que se viñan celebrando nunha das aulas da Casa da Cultura todos os martes e xoves e que rematarán a vindeira semana, antes do Nadal como vén sendo habitual.

Participaron en total unha vintena de persoas, repartidas en grupos de 10. “Estamos moi satisfeitos con este programa integral que se iniciou xa no ano 2014 e que tan bos resultados está a dar, non só para os veciños e veciñas que padecen esta doenza senon tamén para as súas familias, conconsellos e indicacións que moitas veces se descoñecen”, sinala a concelleira Ángela Troitiño.
Obxectivos
Dende AFAPO, o seu presidente, José Manuel Fontenla explica que entre os obxectivos deste programa de intervención integral figuran axudar ás familias a comprender a importancia no coidado dos enfermos e previr situaciónns de desgaste físico e/ou emocional, que poidan derivar en estrés crónico, e tamén ralentizar na medida do posible o deterioro cognitivo, pérdida de memoria, de mobilidade e función motoras que presentas as persoas con demencias.
A mellora da calidade de vida, tanto das familias como dos enfermos é o reto específico desta actuación que comezou a desenvolverse en Silleda no ano 2014. “O coidado e benestar dos nosos maiores e das persoas que padecen enfermedades coma esta é unha das preocupacións deste goberno municipal, que se manifesta coa posta en marcha de iniciativas coma esta”, sinala a concelleira.







Comentarios