top of page

Remata o Campus do Atletismo Deza, polo que pasaron 65 rapaces cada semana

Tivo unha duración de cinco semanas e contou coa visita de referentes deste deporte

como Saleta Fernández ou Lisa Vosberg


Laura Moure/Deza

A Escola do Atletismo Deza puxo este venres punto e final a cinco semanas de diversión no Campus de Atletismo. Durante este período, pasaron uns 65 rapaces e rapazas cada semana e desde o Club queren agradecer "a confianza das familias por elixirnos para o tempo de lecer dos máis peques".

Realizaron múltiples actividades como deseño de camisetas, manualidades, varias buscas do tesouro polo medio da vila, estiveron na piscina, fixero rutas e xincanas, levaron a cabo

actividades relacionadas co atletismo e, incluso, con outros deportes, coma o Kung-Fu, da man da lalinense Alba Iglesias, ou o Rugby, con xogadores do Club Rugby Coreti Lalín. "Así mesmo, contamos coa visita dalgunhas atletas referentes como son Saleta Fernández, campioa de España en salto de altura, e Lisa Vosberg, récord galego Sub 16 en salto con pértega. Entre as actividades máis destacadas, nas últimas semanas empezamos a darlle forma ao noso novo mural do Manuel Anxo Cortizo", indica o clube.

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Hai dous anos puxeron en marcha esta iniciativa, que foi un éxito entre os asistentes do Campus. A moza lalinense Laura Carelli Cortizo encargouse de deseñalo e poñelo en marcha. Nunha base de cores, debuxou varias das modalidades que forman o atletismo como lanzamento de xavelina, salto de altura ou de pértega. "Os máis peques, pintaron a base de cores, mentres que Laura debuxou no muro do Manuel Anxo Cortizo as figuras, que logo pintou coa axuda do monitorado que traballou no Campus. Desde o Club queremos agradecerlle o traballo que fixo, posto que é unha maneira de darnos

visibilidade dentro do Estadio e tamén unha iniciativa que sempre gusta aos máis peques".


Volta o 12 de setembro

Desta maneira, o clube pecha esta tempada e o 1 de setembro abrirá o prazo de inscrición para a tempada 2022-2023 e o 12 de setembro xa arrancará coas clases. "Nas próximas semanas informaremos de horarios e novidades que haberá de cara ao próximo curso".

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page