top of page

Remata con éxito o curso de lingua de signos impulsado polo Concello de Silleda

A formación, organizada en colaboración coa Organización de Diversidade Sensorial de Galicia (Xoga), desenvolveuse ao longo de 30 horas na Casa da Xuventude


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda, a través da Concellería de Benestar, Igualdade e Educación, vén de clausurar o curso de formación en lingua de signos que se desenvolveu nas últimas semanas nas instalacións da Casa da Xuventude. A iniciativa, organizada en colaboración coa Organización de Diversidade Sensorial de Galicia (Xoga), contou coa participación de 15 persoas, que completaron un total de 30 horas de formación distribuídas en varias sesións.

Ao longo do curso, o alumnado puido achegarse á lingua de signos como ferramenta esencial para avanzar na comunicación inclusiva e na eliminación de barreiras.


A concelleira de Benestar e Educación, Ángela Troitiño, valorou moi positivamente o desenvolvemento desta acción formativa, salientando “a boa acollida que tivo a proposta e o interese amosado polas persoas participantes, que se implicaron activamente nas sesións”. Troitiño subliñou ademais que “iniciativas coma esta contribúen a construír un municipio máis accesible, igualitario e sensible á diversidade”.

 Publicidade

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Pola súa banda, a alcaldesa, Paula Fernández, destacou que “este tipo de formacións non só achegan coñecementos prácticos, senón que tamén fomentan a empatía e a concienciación social”. A rexedora agradeceu a colaboración da entidade Xoga e puxo en valor “o compromiso do Concello coa inclusión e coa igualdade de oportunidades”.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar con nós!
Preme na imaxe para contactar con nós!

Con esta acción, o Concello de Silleda reafirma a súa aposta por promover iniciativas que favorezan a accesibilidade e a integración, dando continuidade ás políticas municipais orientadas a avanzar cara a unha sociedade máis xusta e inclusiva.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page