top of page

Recollida de alimentos solidaria o 16 e 17 de xullo na parroquia silledense de Laro

Está organizada por José García, Inés Pérez e María Amil e García tamén promove unha excursión a Portonovo no mes de agosto


Laura Moure/Silleda

Continúan sumándose as iniciativas solidarias promovidas polo veciño de Laro (Silleda) José García. Neste caso, será precisamente na súa parroquia, os días 16 e 17 de xullo. Recolleranse alimentos non perecedoiros. Está organizado ademais de José García, por Inés Pérez e María Amil e colabora o Concello de Silleda.

A campaña terá lugar no centro social de Laro de 10:00 a 20:00 horas e todo o recollido irá destinada ao programa Silleda Solidaria.

Preme na imaxe se quere contactar connosco!

Ademais, José García xa traballa na organización dunha excursión. "Será á plaia de Areas de Portonovo cun prezo apto pa todo os petos", indica García. Será o 13 de agosto e costará oito euros por persoa. Toda a información na imaxe:


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page