Alumnado, docentes e outros traballadores do centro educativo están citados esta fin de semana
Ecos da Comarca/Touro
Ante a existencia dun novo caso positivo por Covid no colexio de Touro, efectos da prevención e control da enfermidade, a Xefatura Territorial de Sanidade de A Coruña solicitou os datos de contactos de todo o persoal do centro (alumnado, profesorado, persoal non docente, colaboradores de comedor...) para facer un cribado ao longo desta fin de semana en Santiago de Compostela.
Dende Sanidade están contactando con cada familia para citar ao alumno e darlles as explicacións oportunas. Ademais, recalca que non formarán parte deste cribado aquelas persoas que xa estean en cuarentena ou que teñan padecido a enfermidade nos últimos 60 días.
Cabe mencionar que segundo os últimos datos do Sergas, neste municipio hai entre 1 e 9 contaxios.
O centro educativo de Touro.
Autor: Ecos da Comarca.
Comments