top of page

Rapazada de toda Galicia xúntase na Bandeira para reflexionar sobre convivencia nos centros educativos

Enmárcase no proxecto de Educación Mediática, Innovación Didáctica e Cidadanía Global EpDLab impulsado pola ONGD AGARESO co apoio de Cooperación Galega


Laura Moure/Silleda

Un cento de estudantes de toda Galicia participarán hoxe, 9 de abril dende as 11 horas no Auditorio de Bandeira (Silleda) nun encontro creativo para reflexionar e promover boas prácticas nos centros educativos. A iniciativa enmárcase no proxecto de Educación Mediática, Innovación Didáctica e Cidadanía Global EpDLab (Laboratorio de Educación para o Desenvolvemento), impulsado pola ONGD AGARESO co apoio de Cooperación Galega. A xornada organízase coa colaboración do Concello de Silleda e da Sociedade Deportiva Bandeira.

Este encontro creativo busca que o alumnado participante aplique as aprendizaxes da aula a situacións reais e complexas, traballando en grupos con alumnas e alumnos doutros centros galegos. Deste xeito, potenciamos a aprendizaxe entre iguais e por proxectos, e facilitamos que a mocidade de lugares diversos de Galicia interactúe nunha actividade creativa e educativa. Isto permítelles coñecer mellor a súa comunidade e a diversidade socio-cultural da mesma, entendida como riqueza para a colaboración e a mellora de competencias transversais.

 PUBLICIDADE

Este alumnado participa durante todo o curso 25-26 en EpdLab, un proxecto de innovación

educativa que vén desenvolvendo AGARESO dende 2015 en centros de toda Galicia, e que traballa temáticas como as migracións, o medio ambiente, o consumo responsable, a veracidade das mensaxes e a desinformación, a cooperación internacional, o voluntariado e o activismo a través da educación mediática. Tódolos produtos creados, así como o proceso de creación dos mesmos, servirán para coñecer a visión de futuro da mocidade galega, representada por estes grupos procedentes de cinco institutos diferentes.

 Publicidade

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Dende os seus comezos, EpdLab traballou con máis de 1.000 estudantes da ESO e Bacharelato e máis de 70 docentes, estableceu colaboracións con grupos de investigacións e co Mestrado de Profesorado da USC e compartiu a súa experiencia en máis de 30 congresos e foros especializados, tanto en Galicia como no resto de España, e a través de diversos artigos de investigación.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page