Por primeira vez esgotáronse todas as papeletas impresas para o concurso
Laura Moure/Rodeiro
Non se podía celebrar mellor o X aniversario do Rodeiro de Tapas. Récord de ventas de tapas superando as 8.000 elaboracións servidas, mantendo así a liña ascendente do concurso. Tal foi o éxito que por primeiro ano esgotáronse a 8.200 papeletas impresas para o concurso.
Sen dúbida, esto reafirma segundo o concelleiro Pablo Sobrado, “que este concurso de tapas no centro de Galicia convertiuse nunha cita ineludible tanto para a comarca como para moitos amantes da gastronomía doutros lugares da comunidade galega. Pero quero facer especial fincapé no compromiso e agarimo co que os veciños de Rodeiro fan seu este concurso co eu alto grado de participación, e eso é para estár moi orgullosos”.
Outro dos grandes acertos desta edición foi a aposta clara polo Cantos de Taberna, que foron quen de traer a festa e o ambiente a todos os establecementos participantes no concurso. "Dende logo, esta idea de poñer en valor o gran traballo que fan estas agrupacións e contar con eles durante todo o concurso vén para quedarse".
Tanto o concelleiro Pablo Sobrado como o coordinador do concurso Jose Manuel García,
coinciden en destacar “a gran implicación dos locais participantes, que cada ano están máis involucrados e facilitan enormemente o traballo da organización”. O que segue sendo claro é que a hostelería continua a ser un sector fundamental para o concello, e que entre as moitas actividades que se realizan de todo tipo, esta é unha das accións estrela o longo o ano.
Hai que dicir tamén, que como ocorre todos os anos, a pesar da gran actividade en concellos da comarca e fóra dela, o público voltou a respostar positivamente coa asistencia ó concurso como demostran papeletas de visitantes chegados de Ordes, Lalín, Silleda, Melide, Antas, Agolada, A Estrada, Taboada, Chantada; pero tamén dende Lugo, A Coruña, Santiago, Vigo, Ourense, Sarria, Carballiño, Ribadavia, Cercedo, etc... O camiño de inverno que tamén está aumentando en número de peregrinos tamén foi protagonista, vendo as moitas papeletas de visitantes de distintos puntos de España que temos.
Os datos
- Tapas vendidas 8.350 aproximadamente. (Segundo datos facilitados por cada local).
- Datos de impacto en redes. Esta parte voltou a ser moi importante nesta edición, incluso cunha maior participación da xente que noutros anos, especialmente en Instagram. Arredor de 3 millóns de impactos globais en Twiter. Un impacto aproximado de 50.000 persoas de alcance de todas as publicacións compartidas en Facebook. Un alcance de 70.000 persoas de alcance con todas as publicacións compartidas do concurso concurso entre todas as publicacións de Instagram, tanto das redes propias, como nas redes do xurado ou patrocinadores. "Aquí facemos fincapé un ano máis, da importante incidencia
dos membros do xurado profesional, non só polo seu criterio senón pola influecia mediatica nas súas redes"
Premiados
O vindeiro día 27 de maio levarase a cabo o reconto de papeletas e pasaportes que hai dentro de cada unha das urnas do concurso. De ese reconto sairán os gañadores segundo o público. A vindeira semana, unha vez rematado o periodo electoral, anunciarase o día de entrega dos diplomas e o sorteo dos premios para o público.
Comments