top of page

Quen viviu aquí!! Evangelino Taboada Vázquez o reloxeiro Lalinense

IsmaelRS/Lalín

De familia humilde, os seus pais atendían un mesón de arrieiros e taberna na parroquia de Vilanova. Con só dez anos comezou, xunto ao seu irmán Cándido, a aprendizaxe do oficio de reloxeiro da man do seu tío, José Vázquez Vázquez en Lalín. Con tan só quince anos, acompañado polo seu irmán, estableceu o seu propio negocio na vila de Silleda (Pontevedra), onde contraeu matrimonio con María Otero Neira, para catro anos máis tarde (1919) trasladarse a Vigo, onde instalou o seu novo taller, que co correr do tempo chegaría a superar a vintena de traballadores.


Militante activo do Partido Comunista, Taboada, que xa contaba con seis fillos ao comezo da Guerra Civil, sufriu a persecución e pasou varios anos fuxido xunto ao maior dos seus fillos polas aldeas e montes do seu Lalín natal. Neses anos construíu tres reloxos totalmente de madeira valéndose dunha navalla que funcionaba con gran precisión. Un destes reloxos pode verse na actualidade no Museo Quiñones de León da capital olívica. Na contenda perdeu a un dos seus fillos e, ao recobrar a liberdade, sufriu impotente a morte da súa esposa en 1941.


Publicidade

Coa axuda do seu irmán Cándido reiniciou o negocio en Vigo coa denominación Talleres Taboada, construíndo reloxos de torre para varias casas dos concellos e igrexas parroquiais da provincia de Pontevedra e institucións públicas e privadas de Vigo. Dos seus recoñecidos talleres saíron centenares de reloxos de mesa e de parede atendendo encargos de organismos, empresas e particulares. A súa fama como construtor de reloxos e a boa marcha do negocio levaríanlle a proxectar unha gran fábrica de reloxos en Vigo, que a súa prematura morte impediríalle realizar.


Publicidade

O traballo máis recoñecido de Taboada foi o reloxo sideral que realizou en 1945 en colaboración co astrónomo e matemático lalinense Ramón M. Aller Ulloa para o Observatorio Astronómico de Santiago de Compostela e que aínda segue funcionando na institución compostelá.


Publicidade


Faleceu tráxicamente xunto ao seu irmán Cándido, cando ambos viaxaban a Lalín nunha motocicleta que resultou arroiada por un vehículo oficial. Os xornais da época dedicaron amplos espazos ao tráxico suceso que truncou a vida e os proxectos dos irmáns Taboada. Queda o recordo de milleiros de reloxos que construíron e que aínda funcionan con precisión medio século despois.

Fonte: Real Academia de la Historia

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page