O agoladés Rafael Méndez, carteiro de Arzúa, dá a coñecer os atractivos turísticos deste municipio
Laura Moure/Arzúa
Os carteiros son uns dos profesionais que máis coñecen cada recuncho dun pobo. Cada día recorren as distintas vivendas dun lugar para facer entrega do correo, por iso, eles son sen dúbida, un dos que mellores coñecen cada zona. Correos está inmerso nunha campaña para promocionar o Camiño de Santiago e para iso bota man dos seus traballadores. Hai uns días saía a luz un vídeo desta empresa para dar a coñecer os atractivos turísticos de Arzúa.
Neste caso, o relevo foi recollido polo agoladés Rafael Méndez, carteiro de Arzúa. A través deste vídeo de algo máis de dous minutos Méndez fai un percorrido para promocionar o municipio: a igrexa da localidade, a capela da Madalena, a área recreativa de Ribadiso ou a Fervenza das Hortas. E por suposto, non puido pasar por alto destacar o queixo e o mel como produtos estrelas desta vila.
Sen dúbida, Arzúa ten moito do que presumir!
O vídeo no que Rafael Méndez promociona Arzúa.
Comments