Queixos e un mel das comarcas triunfan na XXVIII Cata dos Queixos e a XXIV Cata dos Meles de Galicia
- Laura Moure

- hace 10 minutos
- 2 Min. de lectura
Recibiron premios Lácteos Farelo (Agolada), Queixería Barral (Arzúa), Arqueixal (Palas), Dona Cobiña (Agolada) e Mel de Liñares (Lalín)
Laura Moure/Xeral
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte; e pola delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo; participou onte na entrega dos premios da XXVIII Cata dos Queixos e a XXIV Cata dos Meles de Galicia, onde louvou o papel dos produtores á hora de obter elaboracións de excelente calidade.

Durante a súa intervención no acto celebrado na Quinta da Auga en Santiago de Compostela, a conselleira destacou que estes premios son un recoñecemento colectivo ao
bo facer, á calidade e ao respecto polas tradicións. Neste sentido, engadiu que axudan a
dar visibilidade ao traballo ben feito, xa que cada bote de mel e cada queixo ten detrás “un
enorme compromiso coa terra” e son un reflexo da Galicia Calidade.
Publicidade
Gómez felicitou a todos os participantes, tanto aos gañadores como en xeral a todos os
produtores, e tamén quixo poñer en valor o traballo dos catadores, que tiveron que escoller
aos mellores entre unhas propostas de “altísima” calidade. Por iso, agradeceu a súa
entrega e profesionalidade á hora de asumir esta responsabilidade.
Publicidade
Asemade, lembrou que Galicia é a terceira comunidade de España con maior número de
selos de calidade diferenciada, concretamente 36, aos que se lle suman Agricultura
Ecolóxica e Artesanía Alimentaria. “Isto é mérito de todos e cada un dos produtores
galegos”, destacou.
Na entrega dos premios destas catas, a conselleira reafirmou o apoio do Goberno galego a
este tipo de produción con axudas e tamén coa súa promoción nos mercados. Neste
senso, a Consellería do Medio Rural destinará o próximo ano 10 millóns de euros ao Plan
Saborea Calidade Diferenciada de Galicia, 2 máis que este 2025, co que se seguirán
impulsando este tipo de producións.

66 mostras de queixos e 58 de mel
A edición deste ano contou coa participación de 31 queixerías, que achegaron 66 mostras,
e 28 industrias do mel, con 58. Estiveron representados produtos amparados polos
distintivos das denominacións de orixe protexidas San Simón da Costa, Arzúa-Ulloa, Queixo Tetilla e Cebreiro; da Indicación Xeográfica Protexida Mel de Galicia; de Agricultura
Ecolóxica e de Artesanía Alimentaria.








Comentarios