top of page

Queixos de Lalín, Arzúa e Palas e dous meles de Lalín triunfan na cata de queixos e meles de Galicia

hace 3 minutos
4 min de lectura

Esta edición contou coa participación de 171 mostras procedentes de 69 industrias queixeiras e apícolas


Laura Moure/Xeral

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, participou este martes na entrega de premios da XXIX Cata de Queixos e XXV Cata de Meles, que se celebrou onte en Santiago de Compostela. Durante a súa intervención, Gómez destacou a calidade diferenciada como ferramenta para fortalecer o rural, xa que representa preto do 15 % do valor do sector agroalimentario galego. Seguindo esta liña, sinalou que a meta dos produtos galegos non é competir en calidade, senón en excelencia. Das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa recibiron premios tres queixerías e dúas empresas de apicultura.

No evento, que contou coa presenza do director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, e da delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, a conselleira sinalou que “a verdadeira forza” destas producións “non se mide só en cifras”, ao tratarse dun eido no que a identidade xoga un papel fundamental que distingue, caracteriza e enxalza os produtos agroalimentarios que se elaboran en Galicia.

Neste sentido, Gómez fixo referencia á transformación das nosas materias primas como elemento a través do cal xerar valor engadido, multiplicar a riqueza, crear emprego e fixar poboación nas contornas rurais. Así, lembrou que Galicia xa procesa máis do 75 % do leite que se produce na comunidade.


Unha boa mostra deste compromiso son as catro denominacións de orixe protexidas (DOP) existentes no sector lácteo (Arzúa-Ulloa, Queixo Tetilla, San Simón da Costa e Cebreiro) “que levan anos demostrando que a tradición e a calidade do leite abren calquera mercado”.


En relación co mel, a conselleira lembrou a diversidade floral da comunidade, causante de que no noso territorio poidan elaborarse producións únicas, que contan cun distintivo de calidade propio, a Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Mel de Galicia.

 PUBLICIDADE


María José Gómez mencionou tamén a marca Aquí Sabemos – Alimentos de Calidade Diferenciada de Galicia, coa que a Xunta promove que os consumidores identifiquen e escollan produtos certificados, apoiando así os produtores e a economía local.


171 mostras procedentes de 69 empresas

Nestas XXIX Cata dos Queixos e XXV Cata dos Meles rexistráronse un total de 171 mostras procedentes de 69 empresas. No eido dos queixos, participaron 98 producións de 39 industrias queixeiras, case un 50 % máis que na pasada edición. Deste xeito, o certame contou con 20 mostras da DOP Arzúa-Ulloa, 17 da DOP Queixo Tetilla, 13 da DOP San Simón da Costa e tres da DOP Cebreiro. A estas súmanse cinco mostras de produción ecolóxica certificada polo Craega e 40 queixos de Artesanía Alimentaria, unha modalidade que está a adquirir un protagonismo crecente no sector.


Cabe sinalar tamén que a edición XXIX da Cata dos Queixos incorpora seis novas subcategorías para os queixos artesáns, agrupadas segundo a maduración, o tipo de leite e a incorporación doutros ingredientes ou tratamentos. Así, distínguense os queixos de vaca frescos, de maduración media e curados; os elaborados con leite de ovella ou cabra; e os denominados queixos con segredo e de codia afinada.


No que respecta á XXV Cata dos Meles, participaron 29 industrias envasadoras cun total de 70 mostras, o que supón un incremento de máis do 20 % con respecto ao ano pasado. Deste xeito, o evento contempla as categorías de meles monoflorais, multiflorais, de melada ou de bosque e meles artesáns de Galicia.


🧀 Premiados na Cata dos Queixos de Galicia 2026

DOP Queixo Tetilla

  • 🥇 Ouro: Pazo de Anzuxao (Madriñán, Lalín)

  • 🥈 Prata: Queinaga (Curtis)

  • 🥉 Bronce: Queserías del Eume (As Pontes de García Rodríguez)

DOP Arzúa-Ulloa

  • 🥇 Ouro: Queinaga (Curtis)

  • 🥈 Prata: Barral ( Pantiñobre, Arzúa)

  • 🥉 Bronce: Arqueixal (Albá, Palas de Rei)

DOP San Simón da Costa

  • 🥇 Ouro: Catadoiro (Vilalba)

  • 🥈 Prata: Daniberto (Vilalba)

  • 🥉 Bronce: Don Crisanto (Vilalba)

    San Simón da Costa Curado

  • 🥇 Ouro: Daniberto 200 días de curación (Vilalba)

DOP Cebreiro

- 🥇 Ouro: Castelo (Pedrafita do Cebreiro)

DOP Cebreiro Curado

  • 🥇 Ouro: Santo André (Castroverde)

Queixos curados

  • 🥇 Arzúa-Ulloa curado: Artelac

  • 🥇 Cebreiro curado: Santo André

  • 🥇 San Simón da Costa curado: Daniberto (200 días de curación)

Queixos ecolóxicos (Craega)

  • 🥇 Ouro: Arqueixal (Albá, Palas de Rei)

  • 🥈 Prata: Queixo Peregrino (Casa Grande de Xanceda, Mesía)

Artesanía Alimentaria

  • 🥇 Queixo artesán fresco de leite de vaca: Castelo  (Pedrafita do Cebreiro)

  • 🥇 Maduración media de leite de vaca: Daniberto (Vilalba) (200 días de curación)

  • 🥇 Curado de leite de vaca: Mourelo (Gandería Quintián, O Páramo)

  • 🥇 Leite de ovella e/ou cabra: 1949 Oveja Curado (Quesos Feijoo, Celanova)

  • 🥇 Queixo artesán «con segredo»: Savel (Airas Moniz, Chantada)

  • 🥇 Queixo artesán con codia afinada: Trisquel (Quesos Feijoo, Celanova)

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

🍯 Premiados na Cata dos Meles de Galicia 2026

Mel artesán (Artesanía Alimentaria)

  • 🥇 Ouro: O Poder das Flores (Alfoz)

  • 🥈 Prata: Miel Casa Merche (San Cibrao das Viñas)

  • 🥉 Bronce: Doce Bágoa (Boborás)

Mel multifloral (IXP Mel de Galicia)

  • 🥇 Ouro: A Raíña de Vela (Soutomaior)

  • 🥈 Prata: Mel do Capón (Cervo)

  • 🥉 Bronce: O Poder das Flores (Alfoz)

Mel monofloral de castiñeiro

- 🥇 Ouro: De Liñares (Gresande, Lalín)

Mel monofloral de eucalipto

- 🥇 Ouro: A Raíña de Vela (Soutomaior)

Mel monofloral de silva

- 🥇 Ouro: Mieles JS (Bembrive)

Mel de bosque ou de melada

- 🥇 Ouro: Abella Meiga (Outeiro de Rei)

Mel de produción ecolóxica (Craega)

- 🥇 Ouro: Mel O Cortizo (Zobra, Lalín)


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
32941502-7315-4b45-bdb2-1e2337015ba2.jfif

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page