top of page

A 2ª edición do programa O noso reto solidario desenvólvese no Palomar (Silleda)

hace 14 minutos
1 min de lectura

Laura Moure/Silleda

A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Vázquez Guzmán, participou este martes nunha das xornadas de traballo da segunda edición do programa O noso reto solidario, que se está a desenvolver no Palomar (Silleda). Trátase dunha iniciativa impulsada pola Fundación Roberto Rivas, a Fundación Botín e a Fundación Amicos co obxectivo de fomentar a innovación, o emprendemento e a colaboración entre as entidades da economía social, acompañándoas no desenvolvemento de proxectos sostibles e con impacto social.


Vázquez Guzmán puxo en valor esta iniciativa, na que participan nesta edición 26 entidades galegas, e reafirmou a necesidade de impulsar estas fórmulas de negocio, no marco do desenvolvemento da Estratexia galega da economía social: horizonte 2027.

 PUBLICIDADE

Así mesmo, destacou o papel da rede autonómica Eusumo, creada en 2012 para fomentar o cooperativismo e a economía social en todo o territorio galego a través de accións de formación, divulgación e asesoramento orientadas ao autoemprego colectivo.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

Neste sentido, sinalou que a vindeira convocatoria de axudas ás entidades adheridas á rede poñerá o foco no fomento de plans locais de economía social, tomando como referencia as experiencias piloto desenvolvidas nos concellos de Baiona e Ribadavia.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
32941502-7315-4b45-bdb2-1e2337015ba2.jfif

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page