A Casa San Ginés, de Cruces, é un dos 18 establecementos do 20º Outono Gastronómico
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Pablo Fernández, visitou este local
Laura Moure/Vila de Cruces
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Pablo Fernández, visitou a Casa San Ginés, en Vila de Cruces, un dos 18 establecementos da provincia adheridos a esta 20º edición do Outono Gastronómico.

A campaña, impulsada pola Xunta de Galicia, prolongarase ata o 20 de decembro e
combina gastronomía, natureza e patrimonio para promover as escapadas rurais fóra da
tempada alta.
PUBLICIDADE

O delegado destacou que esta campaña representa unha oportunidade para descubrir Galicia desde outra perspectiva, ao tempo que se apoia os negocios que contribúen a
manter viva a actividade económica nas contornas rurais. Neste sentido, subliñou a
importancia de iniciativas que favorecen a desestacionalización turística e animan a viaxar
tamén durante os meses de menor afluencia.
PUBLICIDADE
A edición deste ano ofrece diferentes propostas para estadías dun ou varios días e
incorpora a modalidade Outono Plus, que permite complementar a experiencia
gastronómica con actividades como experiencias termais, sendeirismo, descenso en
canoa ou visitas culturais, segundo o establecemento participante.








Comentarios