top of page

Queixas polas obras de pintado do vial DP-6602 ao seu paso pola parroquia de Cebreiro

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Veciños critican que a sinalización se colocou en lugares inapropiados como unha curva ou nun cruce ou que non se avisase con antelación para poder reaccionar


Ecos da Comarca/O Pino

Cruce DP-6602 y CP-0605. Autor: A.R.M

Veciños que pasaron este mércores polo vial DP-6602 que une Fonte Díaz (Touro) con Cebreiro (O Pino) atopáronse con obras de pintado. Aplauden esta actuación, pero consideran que a sinalización era escasa ou estaba colocada en lugares inapropiados.


Esta é unha estrada moi transitada por todo tipo de vehículos e varios veciños indicaron que procederon a pintar no chan unha limitación de 50 xusto nunha curva, que obrigaba a pasar ao outro carril, e ademais non había unha sinalización que indicase tal actuación para reaccionar con tempo.


Ademais, no cruce deste vial coa estrada que vai de Santa Irene a Toxa, a CP-0605, cando pintaron a zona do STOP, tamén había que pasar ao outro carril supoñendo un grave perigo para os vehículos que circulaban dende Santa Irene, porque a sinal de indicación estaba no mesmo punto da actuación, sen apenas dar tempo a reaccionar.

Cruce DP-6602 y CP-0605. Autor: A.R.M


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page