top of page

“Prisciliano e a Gallaecia”, o 1º documental sobre o heresiarca galaico, proxéctase o domingo en Melide

Estará presente o director, Aser Álvarez, e, previamente, intervirá o historiador e arqueólogo Diego Piay Augusto


Laura Moure/Melide

Melide proxectará o documental “Prisciliano e a Gallaecia” dentro das actividades do Outono Cultural posto en marcha un ano máis polo Concello. A obra, dirixida por Aser Álvarez e producida por Arraianos co apoio da Deputación da Coruña, supón o primeiro achegamento audiovisual á figura deste bispo herético galaico-romano fundador dunha doutrina relixiosa de seu nos estertores da Gallaecia imperial. O documental aproxímase ao espazo territorial percorrido polo bispo hai máis de 1.500 anos, visitando xacementos arqueolóxicos esparexidos por toda Galicia e por zonas de Portugal e Castela e León. A actividade desenvolverase o domingo 12 ás 19 horas no centro sociocultural Mingos de Pita.

ree

Con carácter previo á proxección, e logo da presentación a cargo do director e das autoridades municipais, o profesor de Historia Antigua na Universidade de Oviedo e arqueólogo Diego Piay Augusto impartirá unha conferencia centrada en Prisciliano, achegando unha visión actualizada desta figura case mítica na historia de Galicia.


Posteriormente, proxectarase o documental e procederase a un debate e coloquio entre o

director, o historiador e as persoas asistentes. “Prisciliano e a Gallaecia” propón ao espectador unha viaxe que percorre os principais xacementos arqueolóxicos vinculados co priscilianismo: Santalla de Bóveda, Valga, Quiroga ou Compostela. Tamén visita lugares que non forman parte de Galicia pero formaron parte da Gallaecia romana, como Palencia, Astorga, Ávila e Braga.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Prisciliano, bispo de Ávila, foi unha figura fundamental da Gallaecia tardorromana. Fundador da herexía que leva o seu nome, que se apartaba de varios dogmas imperantes no cristianismo do seu tempo, foi executado en Tréveris, actual Alemaña, polas autoridades imperiais. A súa figura foi magnificada co tempo, fundíndose coa lenda e converténdose nun dos personaxes máis senlleiros da historia de Galicia.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page