top of page
Foto del escritorLaura Moure

Primeiras medallas para o Galaico Trail Run desta tempada

Nesta fin de semana varios corredores deste club participaron en diferentes probas:

Trail de Cela, Trail do Mosterio de Soandres e Media Maratón de Viana do Castelo


Laura Moure/Deza

Empeza a tempada de 2023 e o Club GalaicoTrail Run (GTR) de Lalín xa empeza a recoller medallas. Nesta fin de semana, varios corredores participaron en diferentes probas: Trail de Cela, Trail do Mosterio de Soandres e Media Maratón de Viana do Castelo.


Ao Trail de Cela asistiron Fátima Nogueira, Juan Varela e Tamara García, ademais dos dous

socios do Club, Iván Sangiao e Enara. Trátouse dunha proba de 24 km, con +1.000 e na que destacan que era técnica e bastante dura, para dar comezo as probas deste ano. Ao finalizar, todos os corredores recibiron un agasallo e, ademais, Tamara recolleu a medalla de prata na súa categoría (sénior), Enara a de bronce e Fátima quedou cuarta.

Por outra banda, ata o Trail de Mosteiro de Soandre foron os corredores Belén Riádigos e

Gustavo González, para gozar da proba 25 km +800. A proba iniciouse no Mosteiro de

Soandres e rematou no centro da Laracha. Tratouse dunha carreira moi rápida e pouco

técnica, con tres subidas fortes, na que o frío e o barro fixérona algo complicada. Os

corredores destacan a boa organización e sinalización desta segunda edición, que finalizou con callos e cervexa para todos os asistentes. Os resultados acompañáronos, posto que Belén acadou unha segunda posición na clasificación xeral e Gustavo quedou 7.° na xeral e 3.° da súa categoría.


Preme na imaxe se queres contactar connosco!

Finalmente, celebrouse tamén a Media Maratón de Viana do Castelo, na que participaron

Marga Blanco e Javier.


0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page