top of page

Presentada en Melide a campaña ‘Non camiñas soa’ para garantir a peregrinación de mulleres

10 jul
3 min de lectura

Foi presentada pola secretaria de Estado de Seguridade, Aina Calvo, e repartiranse 41.500 tarxetas informativas e 1.700 carteis en Galicia con recursos de emerxencia e teléfonos de asistencia

Laura Moure/Melide

A secretaria de Estado de Seguridade, Aina Calvo, presentou este xoves en Melide a sexta edición da campaña ‘Non camiñas soa’, destinada a protexer a peregrinación de centos de miles de mulleres “con liberdade, con autonomía e sen medo”. A iniciativa combina o despregamento dos axentes da Policía Nacional e a Garda Civil nos distintos itinerarios do Camino de Santiago e un esforzo coordinado de sensibilización cidadá.

Durante a campaña repartiranse en Galicia 41.500 tarxetas informativas e 1.700 carteis con datos básicos sobre recursos de emerxencia, teléfonos de asistencia e outros servizos especializados ao dispor das usuarias. Estarán dispoñibles en albergues, centros de saúde, farmacias, oficinas de turismo e dependencias policiais. “Esta campaña representa moito máis que un dispositivo de prevención, é a expresión dun compromiso colectivo cun principio irrenunciable: o dereito de todas as mulleres a vivir e a transitar calquera espazo sen medo”, sinalou Calvo.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

A secretaria de Estado de Seguridade destacou o Camiño de Santiago como “un símbolo de encontro, convivencia e hospitalidade, onde a seguridade e o respecto son referentes”. “Queremos que siga séndoo e que cada persoa que chegue a Galicia atope, non só un destino extraordinario, senón unha terra comprometida coa protección dos seus dereitos”, engadiu durante a súa intervención en Melide.


Aina Calvo insistiu na necesidade de seguir traballando nunha acción colectiva fronte ás violencias machistas. “A seguridade das mulleres non pode descansar unicamente sobre a resposta policial, por imprescindible que esta sexa”. “A verdadeira seguridade esixe tamén unha transformación social e cultural que sitúe a igualdade entre mulleres e homes como un valor irrenunciable e que desterre calquera forma de violencia, discriminación ou intimidación”, explicou a secretaria de Estado de Seguridade.


O alcalde de Melide, José Manuel Pérez, agradeceu o traballo e colaboración das forzas e corpos de seguridade presentes

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Seis edicións

‘Non camiñas soa’ naceu en 2021 para previr calquera tipo de violencia contra as peregrinas, especialmente sobre aquelas que viaxan en solitario. Na iniciativa participan as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e as unidades contra a Violencia sobre a Muller das Delegacións do Gobierno en Galicia, Aragón, A Rioxa, Navarra, Castela e León) e Estremadura. O ano pasado 280.000 mulleres realizaron o Camiño de Santiago por algunha dos roteiros xacobeos (un 53 por cento do total de viaxantes rexistrados), mentres este ano a cifra supera xa as 136.000. Os materiais distribuídos polo percorrido ofrecen información sobre os servizos de emerxencias e os contactos con Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, así como un código QR para a descarga da aplicación móbil

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

AlertCops, que permite denunciar calquera incidencia e compartir a localización exacta do usuario en tempo real mediante GPS.


A Garda Civil despregou un ano máis as chamadas Oficinas Móbiles de Atención ao Peregrino (OMAP), que se integran na súa campaña especial de seguridade ‘Gardiáns do Camino’. Pola súa banda, a Policía Nacional centra a súa actuación nas cidades e na atención aos peregrinos dentro da súa demarcación, especialmente en Santiago de Compostela.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page