top of page

Prende lume nunha nave de xatos de Antas de Ulla

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Antas de Ulla

O incendio orixinouse onte. Autor: GES de Monterroso.

Este luns orixinouse un lume nunha nave de xatos de cría no municipio de Antas de Ulla, en Peibás, tal e como informa o GES de Monterroso. Este foi mobilizado polo 112 Galicia ás 14:28 horas e o incendio quedou extinguido ás 16:36 horas.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.

"Cando chegaron os nosos compañeiros os xatos xa estaban fóra e non se viron afectados. Arderon as camas de herba dos animais", sinala o GES de Monterroso que acudiu ao lugar con dous vehículos e procedeu aos labores de extinción xunto a unha dotación de Medio Rural.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

"Tempo despois chegaron os Bombeiros de Chantada que tamén tiveron que apagar o lume que se produciu nuns rulos de herba", engade o GES.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page