top of page

Prende lume nunha casa do Pino

Ecos da Comarca/Pino

Este xoves orixinouse un incendio nunha vivenda do municipio do Pino. Varios particulares alertaron ao 112 Galicia ás 18:42 horas.

"Afectou ao porche dunha vivenda situada na N-547 á altura do quilómetro 85 en Vilachá", indica o 112 Galicia.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

Este informou aos Bombeiros de Santiago de Compostela e ao GES de Brión. Cabe mencionar que hoxe o parque de Bombeiros de Arzúa, que dá servizo ao concello do Pino, permanece pechado.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

"Tempo despois indicáronos que varios particulares con mangueiras conseguiran sufocar xa o lume. E despois o GES informounos que xa estaba apagado e que se vira afectado o porche, unha porta e unhas persinas", indica o 112.


Commentaires


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page