top of page

Posta en valor do vacuno frisón galego na XXXVIII edición de Feiradeza que se celebrou en Lalín

Ao longo desta fin de semana sucedéronse diversas competicións relacionadas co agro, como o certame de manexo de tractores e de novos manexadores, o concurso de vacas de leite e os campionatos


Laura Moure/Lalín

Lalín acolleu a XXXVIII Edición de Feiradeza, un evento máis que consolidado na capital de Deza que inclúe distintos concursos nos que se pon en valor o vacuno frisón galego. De feito, hai participación de distintas zonas da comunidade.


O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, asistiu este domingo á XXXVIII Feiradeza, o Open Internacional da raza frisona. Trátase dun certame de gando no que participa vacún frisón de toda Galicia. Ao longo desta fin de semana sucedéronse diversas competicións relacionadas co agro, como o certame de manexo de tractores e de novos manexadores, así como o concurso de vacas de leite e os campionatos, que clausuraron a xornada.

Agora facemos un repaso polos distintos certames e polos gañadores:


Na primeira xornada da 38ª FEIRADEZA, o pasado venres, celebrouse o Concurso de Xóvenes preparadores de Gando, co seguinte cadro de premiados

1º posto: Lorena Rodríguez Alvite (Pol, Lugo) 2º posto: Xabi Montes Vilar (Rodeiro) 3º posto: Simón Blanco Vázquez (Dumbría, A Coruña)


O sábado pola mañá, dentro da 38ª FEIRADEZA, desenvolveuse o Concurso de Xatas e Xovencas, cun gran nivel de animais e de manexadores, segundo o xuíz e os expertos, e tal e como informa o Concello de Lalín.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.

- O cadro de gañadores é o seguinte:


Sección xata "Feiradeza 23" Campiona: Carballeiras Moovin Concava (Lalín) Subcampiona: Baroncelle Ayden Daenerys (Rodeiro)


Sección xata "Open" Campiona: Casa-Nova Motomami Mr Happen (Mesía, A Coruña) Subcampiona: Rey 1193 Haxl Zynal (A Pastoriza, Lugo)


Sección xovencas "Feiradeza 23" Campiona: Carballeiras Hannas Lolita (Lalín) Subcampiona: Carballeiras Moovin Alicia (Lalín)


Sección xovencas "Open" Campiona: Rey 1085 Moovin Soly ET (A Pastoriza, Lugo) Subcampiona: Rey 1065 Thunderstorm Rosiña (A Pastoriza, Lugo)


Sección Mellor criador de xovencas "Feiradeza 23" Campión: Ganadería Carballeiras (Lalín) Subcampión: Ganadería Rato (Rodeiro)


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Sección Mellor criador de xovencas "Open" Campión: Ganadería Rey de Miñotelo (A Pastoriza, Lugo) Subcampión: Ganadería Carro (Mesía, A Coruña)


Sección Xovenca Gran Campiona "Feiradeza 23" Campiona: Carballeiras Moovin Concava (Lalín) Reserva: Baroncelle Ayden Daenerys (Rodeiro)


Sección Xovenca Gran Campiona "Open" Campiona: Rey 1085 Moovin Soly ET (A Pastoriza, Lugo) Reserva: Casa-Nova Motomami Mr Happen (Mesía, A Coruña)

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Ademais, tivo lugar o XXII concurso de novos manexadores da 38ª FEIRADEZA no que destacou o excelente nivel amosado como testificou o xuíz internacional de CONAFE (Confederación de Asociacións de Frisoa Española), Bonet Cid Salgado. Especialmente aos tres primeiros clasificados:


  • Campión: Llorens Bosch Pons (Menorca)

  • Subcampión: Anxo Pérez Hermida (Barreiros)

  • Mención de honra: Claudia López García (Aranga)


Por último, tampouco faltou o xa tradicional Concurso de Manexo de Tractores, dentro da 38ª FEIRADEZA, que mostrou as habilidades dos mozos e mozas tractoristas do noso rural. Ambientado polo famoso presentador Maximino Míguez, de Maxideza, o concurso tivo como gañador a Adrián Doval, de Lalín, que rematou o percorrido no menor tempo e sen tirar ningún obstáculo, e levou un xamón como premio. Os tamén lalinenses Rubén Madriñán e Daniel González quedaron no 2º e 3º postos, entre os 11 participantes.





Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page