top of page

Plataforma Mina Touro - O Pino NON: "A reapertura da mina contempla o uso de explosivos tipo Goma 2"

O colectivo fala dos "efectos das voaduras en minería e a exclusión da poboación de Touro e O Pino" da Estratexia galega da paisaxe: Horizonte 2030


Ecos da Comarca/Touro/O Pino

A Plataforma Mina Touro - O Pino NON Asociación ambiental e cultural afirma que o proxecto de reapetura da mina de Touro "contempla a utilización de explosivos tipo Goma-2, cunha media de 15.000 kg en cada unha das previstas diariamente, á hora do xantar, entre os cambios de turnos do persoal".

E explican que estudos recentes indican que no proceso de voaduras con dinamita libéranse gases e polvo. "Nubes de polvo con partículas en suspensión PM10 e PM5, gases tóxicos como óxido de nitróxeno, monóxido de carbono, dióxido de xofre, que poden ocasionar olores ou irritación nun radio de máis de 1000 metros, dependendo da intensidade e dirección do vento".


O polvo en suspensión producido polas voaduras en minas metálicas, apunta a plataforma, "é un efecto persistente que, dependendo da velocidade do vento, a nube de polvo pode desprazarse varios kilómetros e depositarse en vivendas, cultivos, alimentos, persoas, animais. As voaduras desta magnitude tamén xeran vibracións no terreo que poden afectar a estruturas cercanas ou sentirse nun radio de entre 500 e 2.000 metros. A este respecto dende o colectivo Mina Touro O Pino NON, temos que lembrar que o proxecto en estudio para reabrir a mina de Touro sitúase a menos de 200 metros das vivendas habitadas máis cercanas en Arinteiro, podendo incluso ocasionar que saian rochas disparadas a distancias de máis de 500 metros, vibración de cristais ou portas a distancias incluso maiores, como xa se vivira coa anterior explotación mineira".

 PUBLICIDADE

Ademais, recalca que esta actividade modifica a paisaxe, "o que xera erosión no terreo e un gran impacto visual a longas distancias, con cortas que poden chegar a máis de 200 metros de profundidade, un paisaxe difícilmente recuperable en moitos anos dende que chegue a cesar a actividade. A fragmentación das rochas poden liberar metais pesados e os residuos poden infiltrarse no chan e nas augas superficiais e subterráneas, o que ocasionaría a contaminación de acuíferos e captacións de auga para consumo humano".


E asegura que "ningún destes efectos está contemplado, analizado e cuantificado no proxecto mineiro, simplemente se intentará que non suceda, sin explicar que pasará cando acontezan nin o tipo de responsabilidade que asumirá a mercantil e cal terá que ir a conta das arcas públicas ou da cidadanía. Este tipo de actividades van en contra dos eixes estratéxicos da paisaxe, anunciados polo Goberno galego, que promoven a posta en valor do patrimonio paisaxístico, así como en contra da mellora da calidade de vida e benestar das persoas, das contornas do Camiño de Santiago, contra a política de fomento da produción multifuncional dos montes galegos, co impulso, por exemplo, de produtos non madeireiros como o mel ou os cogomelos, ou o desenvolvemento de solucións baseadas na natureza, como a rehabilitación de soutos".

 Publicidade

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Polo tanto, a plataforma conclúe que "a mellora da calidade de vida e do benestar da veciñanza, ofrecendo espazos de uso público sostibles, saudables e respectuosos coa paisaxe para a xente de Touro e o Pino, cunha mina no medio das suas aldeas, non se vería cumprido, estásenos excluindo dos eixes estratéxicos acordados na Estratexia galega da paisaxe: Horizonte 2030, acordados polo Goberno galego".


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page