Plataforma Mina Touro - O Pino NON: "A auga do Monte das Minas"
- ecosdacomarca

- hace 5 minutos
- 3 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Touro/O Pino
A Plataforma Mina Touro - O Pino NON Asociación ambiental e cultural denuncia o desbordamento do río Pucheiras ao seu paso por Arinteiro, en Touro, e fala de novo da auga "do monte das minas".

"A explotación da mina de Touro no século pasado sacou á superficie gran cantidade de sulfuros. A oxidación dos sulfuros expostos á intemperie ocasionou a acidificación do chan e das augas nunhas terras ricas en acuiferos, fontes, regos, que se viron contaminados pola drenaxe ácida de mina. Os regos que saen das cortas de Bama e Arinteiro forman parte da cunca do río Ulla a onde aportan as suas aguas, recolléndose en numerosos estudos a afección ós ríos pola acción da minaría dende os anos 80 do século pasado".
Publicidade
"Os intentos de remediación desta situación por parte da Administración e da mercantil, propietaria da concesión obrigada á restauración ambiental dos terreos e das augas,
levan, baixo o argumento de mitigar estes efectos, ó Departamento de Edafoloxía e Química Agrícola da Universidade de Santiago de Compostela, a partir do ano 2000 a realizar, á solicitude de Aguas de Galicia, o “Proxecto de recuperación dos ríos Brandelos, Pucheiras, Felisa, Portapego, Rego das Rozas e Lañas, no entorno das minas de Touro”, destinándose fondos públicos de distintas administracións para este fin, incluindo experimentos, estudos, conferencias, visitas, estudos, e moita labor de greenwasing coa intención de convencer que as augas ácidas procedentes da mina de Touro xa eran parte do pasado. Nese camiño a Administración deu o seu visto bó a un proxecto de restauración dos terreos e das augas consistente na aplicación dos chamados tecnosolos nos terreos da mina sen que se realizara ningunha consulta pública. Estes solos artificiales son o fruto do tratamento dos residuos non perigosos, sobre todo lodos de depuradoras de toda Galicia, que son ben recibidos na planta de tratamento de residuos que xurdiu xunto co proxecto de recuperación", explica a plataforma.
Súmase así, apunta, "esta actividade á beira das aldeas con máis queixas polos cheirentos olores que ocasiona. As persoas das aldeas máis cercanas e que máis sufren estes malos olores viven con certo temor por saber que elementos se están a respirar e se poden ocasionar problemas de saúde. Solicitaron hai anos unha estación de medición de calide do aire e a realización dun estudo de saúde, cuestións que sigue sin ser atendidas.
As denuncias e sancións fóronse sucedendo durante décadas polo estado dos ríos, en
xullo de 2018 a xefatura territorial de minas realiza unha inspección da concesión de
explotación “San Rafael, 2946”, requerindo á empresa un proxecto de drenaxe, tratamento e control para que non seguiran saíndo as augas contaminadas da zona da antigua mina pechada dende facía 40 anos ós ríos, quedando así demostrado que o Proxecto de recuperación dos ríos Brandelos, Pucheiras, Felisa, Portapego, Rego das Rozas e Lañas aprobado no ano 2000 non cumpriu o seu cometido".
Publicidade
O requerimento que se lle fai á empresa, sinala a asociación, "conclue na presentación doutro documento chamado Proyecto de drenaje temporal de la mina de Touro, que consiste basicamente na realización de zanxas, canalizacións, entubados, publicidade..., dando como resultado unha planta de tratamento das augas e unha autorización de vertido das augas sometidas a tratamento físico-químico con adición de reactivos ao rego Pucheiras. O resultado destes procesos non aseguraron o cumplimento de eliminar a saída de augas contaminadas aos ríos afectados pola minería, o seguimento do cumplimento realízase demandando a presencia do persoal da área de vertidos por parte da poboación, que detecta a diario as incidencias resultado da aprobación dun proxecto, novamente pouco ambicioso que non ten por obxectivo a mellora na calidade das augas dos ríos Pucheiras, Portapego, Ameneiro- Lamas, Felisa, Brandelos, Lañas, degradados xa dende hai cuarenta anos, no lugar de promover un proxecto encamiñado a unha restauración integral dos leitos fluviais e terras afectadas pola explotación mineira, porque a intención é volver reabrir a mina e facerse con todas as augas do Monte das Minas para a actividade mineira, e non cumprir con ningún tipo de restauración real", recalca.








Comentarios