Persoas usuarias do centro silledense de Medelo asisten a curso de risoterapia
Esta formación está financiada a través do programa Conectadas da Deputación de
Pontevedra
Ecos da Comarca/Silleda
Un total de 18 persoas, 13 mulleres e cinco homes, todas elas usuarias do centro de recursos que COGAMI ten Medelo, con concello de Silleda, acoden a un curso de risoterapia que organiza a Deputación de Pontevedra a través do programa Conectadas.

Esta actividade está relacionada co coidado e benestar, coa que se pretende mellorar o
estado anímico e físico a través da risa, aprender a expresar libremente emocións e
sentimentos e tamén mellorar a autoestima.
O curso de risoterapia, que rematará o 12 de decembro, desenvolverase os martes en
horario de 10:30 a 12:00 horas e os venres de 15:30 a 17:00 horas.








Comentarios