Persoa atropelada na N-525 ao seu paso polo concello de Lalín
- IsmaelRS

- 8 oct 2021
- 1 Min. de lectura
O accidente tivo lugar esta mañá ás 9:44 horas, na avenida de Ourense
IsmaelRS/Lalín
Atropelo na avenida de Ourense (N-525) na localidade de Lalín, máis concretamente na última rotonda, na saída a Ourense.
Sobre as 9:44 horas, o 112 recibe unha chamada dos servizos de emerxencia na que son alertados do suceso, infórmanlles que unha persoa foi atropelada e permanece atrapada por un vehículo.
Acto seguido, o 112 pon estes feitos en coñecemento dos Bombeiros do Deza, do GES de Lalín e tamén da policía local do municipio lalinense.
Polo momento son todos os datos que temos.







Comentarios