Percorridos alternativos para acceder á Avenida do Parque polo corte do cruce coa rúa Santa Olaia
- Laura Moure
- hace 2 horas
- 2 min de lectura
Habilitarase un acceso ao segundo tramo da avenida polo calello de Tralas Eiras, donde se restrinxe o estacionamento mentres dure o desvío, de luns a venres
Laura Moure/Silleda
O Concello de Silleda en coordinación coa Policía Local e a empresa que está a executar as obras na avenida do Parque habilitarán a vindeira semana, dende o luns día 3 e ata o venres 7 de agosto un percorrido alternativo ao segundo tramo da avenida.

PUBLICIDADE
A habilitación deste desvio vén motivada polo peche ao tráfico durante a vindeira semana do cruce da rúa Santa Eulalia, donde será necesario cortar por completo a circulación para proceder a instalación da pedra de acabado da zona.
PUBLICIDADE
Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Así, o paso dende a rúa María Colmeiro cara a avenida do Parque realizarase polo calexón de Tralas Eiras (dende Santa Olaia). Neste calexón non se permitirá estacionar durante esa semana para facilitar o tránsito de vehículos.
PUBLICIDADE
Agradecemento
Tamén se poderá acceder á avenida do Parque dende Braña do Medio. Neste senso, e a fin de facilitar a circulación, o Concello negociou cas familias Castro e Caramés (propietarias do solar entre as rúas Braña do Medio e Castros de Toiriz) para permitir o paso por este terreo entre as dúas vías.
PUBLICIDADE
A veciñanza e persoas usuarias de negocios na rúa Castros de Toiriz poderá acceder, se ven esta rúa quedará sen saída cara a avenida do parque.
PUBLICIDADE
Dende o goberno municipal agradécese ás familias propietarias deste terreo que deran permiso para a súa utilización, así como a comprensión da veciñanza e negocios do entorno.







