Pepe Piña y Los Robinson pechan o ciclo de música na rúa En Aberto de Arzúa
- Laura Moure

- hace 14 horas
- 2 min de lectura
Laura Moure/Arzúa
O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa organiza para este xoves o cuarto e último concerto da presente edición do Ciclo de música na rúa En Aberto. Este ano o certame ofreceu catro concertos ao aire libre organizados dentro da programación cultural do verán.

Xa celebradas as actuacións de Sun Iou, Black e Os Liantes; o grupo Pepe Piña y Los Robinson pecha este xoves o ciclo a partir das 21:00 horas cun concerto na Praza de Galiza que terá, como de costume, a entrada de balde. En caso de choiva, o mesmo celebrarase no Multiusos Terra do Queixo.
PUBLICIDADE
Pepe Piña, cantautor que comeza a súa carreira en solitario, funda nos anos 80 Semen Up xunto con Alberto Comesaña e varios músicos lucenses. Posteriormente reflota o grupo O Carro, e crea, entre outros, Triceratops, Haceros del Norte, Cosecha Roja e Clave de Fado.
Na actualidade percorre Galicia, Cantabria, León, Asturias e Portugal cunha combinación de temas propios e versións dos 70’ e 80' cunha formación de músicos de primeiro nivel, Pepe Piña y Los Robinson, un grupo que chega a Arzúa en formato trío no que virá acompañado de Ro Muñoz á batería e Gonzo Piña ao baixo eléctrico. O repertorio da banda inclúe versións de Joe Cocker, Los Ronaldos, Kiko Veneno ou The Beatles, e un tributo aos 70 coa mellor música da Costa Californiana, Nova Iork e Londres.
PUBLICIDADE
O Concelleiro de Cultura, José Luís García, destaca o éxito do ciclo “sendo capaz de encher a praza de público en cada concerto e ofertando diversidade de estilos para todos os públicos”.








Comentarios