top of page

Patrimonea e Simply Galicia organizan unha xornada de senderismo e gastronomía o día 26 en Touro

17 mar 2022
1 min de lectura

O roteiro tera un itinerario de 10 quilómetros e será de dificultade baixa


Ecos da Comarca/Touro

A empresa local Patrimonea xunto coa axencia de viaxes Simply Galicia organizan unha xornada de ocio en Touro o vindeiro sábado 26 de marzo que combinará un roteiro de sendeirismo coa degustación dun cocido no Pazo de Andeade, unha xoia do siglo XVIII.


O roteiro tera un itinerario de 10 quilómetros e será de dificultade baixa. Os sendeiristas poderán disfrutar dun dos bosques de ribeira mellor conservados de Galicia e de fermosas fervenzas, todo isto acompañado das explicacións sobre o historia e o patrimonio dos lugares polos que discorre.


O prezo é de 15 euros para aqueles que só queren facer o roteiro e 49 euros para os que tamén queiran degustar o cocido. O paquete pode ampliarse co aloxamento no pazo que terá un custe de 50 euros en habitación doble. Para inscribirte ou solicitar información os interesados poden facelo a través do 698 186 670 ou info@simplygalicia.es


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page