Varios puntos deste municipio amenceron este luns cunha mensaxe que lanza unha pregunta
Laura Moure/Vila de Cruces
Quen se ten que atrever en Vila de Cruces??🤔🤔 Esta é a pregunta que se fan hoxe neste municipio os veciños e as persoas que pasan por alí. O motivo? En varios puntos do concello como na propia localidade e en parroquias como Cumeiro, Merza e Gres apareceron pancartas que lanzan unha pregunta.
A quen irá dirixida? Que significa? A pregunta é clara e directa: ATREVÉDESVOS?

ECOS DA COMARCA preguntamos polo lugar e son moitos os que coinciden en que: "Todo indica a que é un pique político". Pero de tratarse disto e de que no municipio se presentan cinco candidaturas (Xuntos polo Noso Concello, BNG, PSOE, PP e Nova Alternativa) para as eleccións do día 28, tamén nos preguntamos: Quen lle lanza a pregunta a quen? A quen reta estas pancartas? Por que esta mensaxe? A que se deben atrever?
Vós que credes? Estas pancartas estarán relacionadas cos vindeiros comicios electorais 🗳🗳 ou a mensaxe terá outro obxectivo 👰💒? Comentade que vos lemos! ✍✍
Comments