Palas de Rei e Monterroso melloran os accesos a Carteire e Montecalvo cunha axuda da Xunta
Ecos da Comarca/A Ulloa
O alcalde de Palas de Rei, Pablo Taboada e seu homólogo en Monterroso, Eloy Pérez visitaron a execución das obras conxuntas de aglomerado de accesos a Montecalvo, Carteire froito dunha axuda da Xunta de Galicia que servirá para mellorar a calidade de vida da veciñanza de Montecalvo (en Monterroso) e Carteire (en Palas de Rei).

PUBLICIDADE
As actuacións darán servizo a máis de 150 persoas dos núcleos da zona. Os rexedores agradeceron á Xunta de Galicia a través da Dirección Xeral de Administración Local dependente da Consellería de Presidencia a importante axuda para acometer unhas actuacións que permiten conectar Carteire e Montecalvo coa N-547.
PUBLICIDADE
Tanto Eloy Pérez como Pablo Taboada, valoraron moi positivamente este tipo de “actuacións conxuntas que permiten mellorar a calidade de vida de zonas rurais e con poucos recursos”.









Comentarios